old timas

Resumo do resto de 2014

Durante o ano 2014, o cineclube realizou 80 proxeccións, cuns datos de asistencia total de 8241 espectadores. Algunha delas en colaboración con outras entidades; Fundación Araguanay no Ciclo Amal, Concello e Universidade con Portugal no coraçao, Marxes fílmicas co Museo Etnolóxico de Ribadavia e o instituto iberoamericano de Finlandia, Embaixada du Brasil en España co Cinema na praza, Festival docs Barcelona e Intituto Goethe co Cinema e memoria, ou en sesión especiais (Grito rock, Miteu, A cuarta parede,A bela Auria)

old timas Ademais, conquistouse unha vella demanda; ao asinar un convenio coa Xunta de Galicia, que acadou a descentralización de parte da programación da Filmoteca galega (CGAI) en Ourense, supondo un día máis de programación semanal. Grazas a isto, unha parte da programación viña da rede do Circuíto de cine independente (rede de exhibición alternativa, na que participaban a Cineteca Madrid, Tabakalera (Donostia/San Sebastián), MUSAC (Museo de arte contemporáneo de Castela e León), Centro Cultural Niemeyer (Asturias), Filmoteca de Culturarts IVAC (Valencia) e o CGAI–Filmoteca de Galicia). Como novidade por primeira vez, o Concello de Ourense ofertou na última parte do ano, a sinatura dun convenio de colaboración (1) , que asegurarán certa estabilidade económica á entidade (seis mil euros), e que oportunamente -dado o carácter público dos ingresos- xustificamos e poñemos á diposición pública do gasto realizado (2). O volume económico, non obstante superou os quince mil euros por parte exclusiva do cineclube, e en teoria outros quince mil por parte do CGAI (aínda que polos datos verbais comunicados do CGAI, foron realmente nove mil euros).

En canto aos datos estatísticos do ano, con respecto á web e redes sociais, o blogspot onde vai a programación ten un histórico de 72.500 visitas, incrementándose un 100% o tráfico da web con respecto ao ano anterior, do que destaca o último mes de outubro, con más de 4000 visitas. Por países, aparte de península ibérica, destacan EE.UU, Rusia e Alemaña. O outro blog (sala de máquinas) obtivo 5917 visitas.

No apartado de twiter, o perfil do cineclube tiña en decembro de 2014; 950 seguidores con 3500 chuios, 2991 seguidores en facebook, 192 en Pinterest, e  os vídeos no Youtube, foron reproducidos 5276 veces no 2014, seguidos desde España (82%), México (6%), Cánada, Francia (2%), etc, destacando o pasado mes de setembro con 792 reproduccións.

Desglosando por partes, en primeiro lugar, presentamos os datos do aforo por filmes e sesións, de todo o ano

aforo1_2014

(Premer para agrandar)

aforo2_2014

(Premer para agrandar)

Polo miúdo, en canto aos datos de asistencia ás proxeccións co CGAI:

Aforo CGAI_2014

(Premer para agrandar)

A asistencia ás sesións especiais, por días da semana:

gráfica sesión especiais 2014

(Premer para agrandar)

Por último, presentamos a valoración que os espectadores, realizaron desta segunda parte do ano, con respecto aos filmes exhibidos (A primeira parte, en PDF,  está aqui)

puntuacion2parte_2014

(Premer para agrandar)

grafica puntuacions 2parte 2014

(Premer para agrandar)

……………………………………………..

(1) Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Cineclube Padre Feijoo 2014 [documento PDF -389 kb- WEB convenio 2014]
(2) Xustificación do convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Cineclube Padre Feijoo 2014 [documento PDF -3.32 Mb- WEB xustificacion convenio CCPF 2014 concello DE ourense]