Clube de cine NÓS #CCPF

O Cineclube presenta unha nova actividade en colaboración coa Biblioteca Pública Nós. 


O clube de cinema, á semellanza dos clubes de lectura, é un sistema sinxelo e efectivo de fomentar o cine, orientado neste caso por parte do Cineclube a determinadas filmografias, estilos ou mesmo directores/as da historia da sétima arte.

O funcionamento baséase na visión dun filme de xeito individual por parte dun colectivo ou grupo de persoas interesadas e convocadas arredor das instalacións da Biblioteca. Estas persoas reuniranse periodicamente para comentar, valorar a obra e intercambiar as súas impresións. A posta en común serve para a aprendizaxe sobre o filme comentado, podendo trasladarse mediante a escritura, vídeo ou presentación do filme estudado, nas instalacións do Cineclube para unha audiencia xeral. Deste xeito créase unha sinerxia de colaboración e aprendizaxe educativa comúns, insertas nos propios principios fundacionais do Cineclube.

A nosa intención é comezar o 27 de abril de 2021 con esta actividade. De estares interesado/a, podes escribir á conta de correo do Cineclube e/ou da Biblioteca, ao obxecto da convocatoria inicial e proposición do filme que reflexionar e visionar.

O funcionamento previsto temporalízase arredor dun filme por mes; cunha discusión e proposta do filme que explorar, tempo para a visión individual e a posterior xuntanza para a reflexión colectiva e  difusión pública do filme e dos resultados do debate.