Durante o ano 2022, o Cineclube Padre Feijoo de Ourense realizou 104 sesións de 79 filmes. (+35 sesións e + 37 filmes con respecto ao ano anterior)
No desglose que detallaremos máis abaixo, obsérvase un lixeiro repunte de asistencia no ultimo trimestre, que aínda sen asemellarse aos datos pre-pandemia, albergan unha tímida reposta de recuperación de público en sala.
A media de asistencia por sesión (32,36) incrementouse 10 puntos con respecto ao ano anterior. Do mesmo xeito a asistencia por filme, que pasou de 25,39 ao 42,60 neste ano.
Lamentablemente o ICAA non dispón de datos oficiais, polo que só podemos comparalos coa recadación que ofrecen outras entidades, como ComScore, que concordan igualmente nunha favorable evolución en canto á recuperación de taquillas; sen chegar aos niveis anteriores. (Antes de 2020; 100 millóns, no ano 2021; 40 millóns e no ano 2022, estímase alcanzar os 75 millóns).
En canto ao incremento do uso de cine na casa, o panel da CNMC (datos de maio de 2021) especificaba un incremento dun 11% con respecto aos anos anteriores. (*)
(* datos cine en casa) Consonte datos de Kantar media, España lidera en Europa o uso de plataformas de VOD (video baixo demanda) cun 70%, seguido de Reino Unido (56%) e Alemaña (53%)… aínda algo lonxe do 80% estadounidense.
Continúouse coas proxeccións ordinarias, que se realizan na Casa da Cultura (Rúa Concello núm.11 de Ourense), no pasado ano; os luns ás 20:30 horas, e os mércores ás 18:00 e 21 horas. Seguen sen poder realizarse as habituais proxeccións do Cine de verán, porque non mudou a política municipal de gravar co pago de taxas a unha actividade gratuíta.
Fóra do espazo habitual de proxeccións do cineclube, realizáronse en Ribadavia; as Marxes Fílmicas e o Ciclo de outono no Museo Etnolóxico.
Programáronse ciclos Abisal, Andrómeda, Naufraxios, Primavera musical e comedias de outono. Continuou a colaboración co CGAI (a partir de abril) e co Colexio de médicos recuperaronse os habituais seis títulos que se estenderon nesta ocasión por todo o ano. (A programación destes filmes, relaciónase cunha patoloxía para convidar a un especialista ou colectivo, co obxecto do debate posterior de cada filme)
Aparte se incluíron proxeccións especiais en colaboración co Centro de información municipal á muller; CIMM-Ourense, Clube Alpino Ourensán e Ecoloxistas en acción entre outros.
O traballo ordinario das actividades de proxección, completouse coa investigación, redacción e tradución ao galego das follas de sala (a disposición online no apartado / Calexo / da Sala de Máquinas; web que alberga tamén as memorias pasadas, transparencia, patrimonio,etc), que sirven de introdución a cada un dos filmes programados e, na medida das posibilidades nunha situación tan difícil, fumos capaces de traer nalgúns dos filmes ao equipo técnico e artístico para a presentación dos filmes, entre os que destacamos a Gaspar Broullón e Pape Coira (07/03/22), Simone Saibene e Xoán Tallón (28/03/22), Fon Cortizo (25/04/22), Iago Santás (07/06/22), Luis Mancha (04/11/22) e Miguel Riaño (11/11/22).
Filmes programados
Data – Título do filme (País, ano de producción) dirección
19/01/22 Dorogie tovarishchi! “Queridos camaradas!” (Rusia, 2020) Andrei Konchalovsky
24/01/22 Ya Kuba “Son Cuba” (URSS, 1964) Mikhail Kalatozov
26/01/22 Titane (Francia,2021) Julia Ducournau
27/01/22 Median hill, Hirian hill (España, 2020) Iñaki Peña
31/01/22 Schastye “A felicidade” (URSS, 1935) Aleksandr Medvedkin
02/02/22 Sous le ciel d’Alice “Baixo os ceos do Libano” (Francia, 2020) Chloé Mazlo
07/02/22 Letyat Zhuravli “Cando pasan as cegoñas” (URSS, 1957) Mikhail Kalatozov
09/02/22 Mila “Apples” (Grecia, 2020) Christos Nikou
14/02/22 Les dames du bois de Boulogne “As damas do bosque de Bolonia” (Francia, 1945) Robert Bresson
16/02/22 Sis dies corrents “Seis días correntes” (España, 2021) Neus Ballús
21/02/22 The last picture show “A última película” (EUA, 1971) Peter Bogdanovich
23/02/22 Doraibu mai kâ “Drive my car” (Xapón, 2021) Ryûsuke Hamaguchi
07/03/22 Beiras. Vivir 2 veces (España, 2021) J e P. Coira e Gaspar Broullón *
09/03/22 Libertad (España, 2021) Clara Roquet
10/03/22 Hive (Kosovo, 2021) Blerta Basholi
14/03/22 Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro (España, 2020) Gonzalo Gurrea [susp. fallo técnico ]
15/03/22 Herself (Irlanda, 2021) Phyllida Lloyd
16/03/22 Baradeala cu buclucsau porno balamuc “Un ferrete desafortunado ou porno tolo” (Romanía, 2021) Radu Jude
21/03/22 La cordillera de los sueños (Chile, 2019) Patricio Guzmán
23/03/22 Verdens verste menneske “A peor persoa do mundo” (Noruega, 2021) de Joachim Trier
28/03/22 Escribir lo imposible (España, 2021) Simone Saibene *
29/03/22 The lost weekend “Días sen pegadas” (EUA, 1945) Billy Wilder
30/03/22 Le quai de Ouistreham “Nun peirao de Normandia” (Francia, 2021) Enmanuel Carrère
04/04/22 Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro (España, 2020) Gonzalo Gurrea [repetida pola susp. fallo técnico da anterior do 14/03/22]
06/04/22 Flee (Francia, 2021) Jonas Poher Rasmussen
18/04/22 Kaze no denwa “O teléfono do vento” (Xapón, 2020) Nobuhiro Suwa
20/04/22 Ghahreman “O heroe” (Irán, 2021) Asghar Farhadi
25/04/22 9 fugas (España, 2020) Fon Cortizo *
26/04/22 Morfiy “Morfina” (Rusia, 2008) Aleksei Balabanov
27/04/22 L´événement “O acontecemento” (Francia, 2021) Audrey Diwan
02/05/22 Domangchin yeoja “A muller que escapou” (Corea do sur, 2020) Hong Sang-soo
04/05/22 Last film show “A última película” (India, 2021) Pan Nalim
09/05/22 Visión nocturna (Chile, 2019) Carolina Moscoso
11/05/22 Hytti nro 6 “Compartimento núm. 6” (Finlandia-Alemaña-Rusia-Estonia, 2021) Juho Kuosmanen
16/05/22 Crash (Canadá-Reino Unido, 1996) David Cronemberg
18/05/22 Slalom (Francia-Bélxica, 2020) Charlène Favier
20/05/22 Cotolay (España, 1965) José Antonio Nieves Conde
23/05/22 Petite fille “Unha nena” (Francia, 2020) Sébastien Lifshitz
24/05/22 A silent voice (Xapón, 2016) Naoko Yamada
25/05/22 Systemsprenger “System Chasher” (Alemaña, 2019) Nora Fingscheidt
30/05/22 Josep (Bélxica-España-Francia, 2020) Aurel
31/05/22 Beastie boys story (EUA, 2020) Spike Jonze
01/06/22 The rocky horror picture show (Reino Unido, 1975) Jim Sharman
02/06/22 B-Movie: Lust & Sound in west Berlin 1979-1989 (Alemaña, 2015) H.Lange, J.A.Hoppe, K.Maeck e M. Dehne
06/06/22 Led Zeppelin: The song remains the same (Reino Unido, 1976) Peter Clifton e Joe Massot
07/06/22 Semente de berrar: 40 anos de ruído e rúa (España, 2021) Iago Santás *
13/06/22 Supernova (Reino Unido, 2020) Harry MacQueen
14/06/22 American Splendor (EUA, 2003) Robert Pulcine e Shari Springer Berman
20/06/22 Welcome to Chechnya “Benvidos a Chechenia” (EUA, 2020) David France
04/07/22 Three Seasons “Tres estacións” (Vietnam, 1999) Tony Bui
05/07/22 Mua he chieu thang dung “Pleno verán” (Vietnam, 2000) Tran Anh Hung
11/07/22 Müi du du xanh “O cheiro da papaia verde” (Vietnam, 1993) Tran Anh Hung
12/07/22 The third wife “A terceira esposa” (Vietnam, 2018) Asleigh Mayfair
22/09/22 Moneyboys (Taiwán, 2021) C.B. Yi
17/10/22 Retrospectiva Helke Misselwitz (RDA, 1983-1989) Helke Misselwitz
18/10/22 Dr. Strangelove, or How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb (Reino Unido, 1963) Stanley Kubrick
24/10/22 Tres (España, 2021) Juanjo Giménez
25/10/22 Mask (EUA, 1985) Peter Bogdanovich
26/10/22 Presque (Francia-Suiza, 2021) Alexandre Jillien e Bernanrd Campan
02/11/22 Gagarine (Francia, 2020) Jérémy Trouith e Fanny Liatard
04/11/22 Julia y Fernando (España, 2022) Luis Mancha *
05/11/22 Il Buco (Italia-Francia-Alemaña, 2021) Michelangelo Frammartino
07/11/22 Memoria (Colombia, 2021) Apichatpong Weerasethakul
09/11/22 Ali e Ava (Reino Unido, 2021) Clio Barnard
11/11/22 Ciudad de la selva (España, 2022) Miguel Riaño *
12/11/22 Fire of love (EUA-Canadá, 2022) Sara Dosa
14/11/22 Curtas Charles Chaplin (EUA, 1918-1919) Charles Chaplin
15/11/22 Alegría (España, 2022) Luis Otero
16/11/22 Délicieux “Delicioso” (Francia-Bélxica, 2021) Eric Besnard
17/11/22 The assistant (EUA, 2019) Kitty Green
19/11/22 Tralas luces (España-Arxentina-Portugal, 2011) Sandra Sánchez
21/11/22 Orphée (Francia, 1950) Jean Cocteau
23/11/22 Ni juge, ni soumise “Nin xuíza, nin submisa” (Bélxica-Francia, 2017) Jean Libon e Yves Hinant
24/11/22 Las mujeres deciden (Ecuador, 2017) Xiana Lago
26/11/22 Alcarrás (España-Italia, 2022) Carla Simón
28/11/22 Sherlock Jr. (EUA, 1924) Buster Keaton
29/11/22 Hedwig and The Angry Inch (EUA-Canadá, 1985) John Cameron Mitchell
30/11/22 Dating Amber (Irlanda-Reino Unido-EUA-Bélxica, 2020) David Freyne
12/12/22 Curtas de Alberto Vázquez (España, 2010-2020) Alberto Vázquez
14/12/22 Hit the road (Irán, 2021) Panah Panahi
* Presenza do(a) director(a) ou equipo artístico.
Todos os filmes son proxectados en xeral en VOE (versión orixinal en castelán) e VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán), agás aqueles que indicamos VOSG (versión orixinal subtitulada ao galego) ou VOG (versión orixinal en galego).
O cineclube realiza ademais un esforzo publicitario, na rúa coa impresión de carteis de cada ciclo, e en internet; ao través do blog (programación ordinaria) Extraccpf (colaboracións extraordinarias) e nas redes sociais ( twiter, facebook, instagram , Youtube , Pinterest ) e da aplicación de mensaxería Telegram.
Dentro do compromiso co idioma propio, o cineclube anualmente e dentro das posibilidades, tenta subtitular filmes ao galego, e colga para libre uso os traballos realizados na plataforma opensubtitles.org.
Procedencia dos filmes exhibidos
Por procedencia dos filmes, aínda que resalta coma sempre a suma europea con 66 producións, destacan dentro disto as 13 producións españolas de longametraxes, das cales 7 eran galegas (+ 3 curtas galegas), 15 filmes de procedencia francófona e 20 de América (dos cales 5 corresponden a América latina), conformando no ano 2022 unha variedade de 29 países diferentes (+ 9 con respecto a 2021).
Dentro do acordo subscrito por todos los cineclubes para disminuir a fenda de xénero, contabilizamos este ano por primeira vez o indicador femenino, contabilizando 18 produccións das exhibidas no 2022 con dirección femenina (12 no ano 2021).

Economía
En 2022 os servizos prestados e as cotas de socios aliviaron a conta dos resultados cun saldo positivo na conclusión do exercizo a favor de 3.620, 82 euros.
A recadación por cotas ascendeu a 8.150,00 euros (+5.470,00 con respecto a 2021). Este incremento entre cotas anuais e proporcionais (por sesión) representa o 34,47% dos ingresos totais ( 18% en 2021).
Lembrar que a xunta directiva, decidíu eximir de cota anual para o ano 2021 a quenes estiveran ao corrente no ano 2020 como xeito de compensación do ano atípico vivido (recordemos con suspensión de sesiós e reducción de aforos).
Isto como é lóxico, xunto coa reducción de sesións conleva a esa diferencia apreciable de ingresos con respecto ao ano anterior.

A cota anual normal e obrigatoria estableceuse desde a pasada asamblea en 10 euros. A devandita cota ten descontos para desempregados, estudantes e xubilados (50%), así como para as proxeccións dos que asistan a todas as proxeccións da semana (filmoteca + ciclo).
A cota proporcional e semanal de socios/as: 2 euros en sesións de Filmoteca (luns), 4 euros en sesión de ciclo (mércores). Existe un desconto aos socios que aplícase en caso de asistencia nunha mesma semana ás 2 sesións (-1 euro). Non se fai desconto en caso que alguna das sesións sexan gratuítas ou de que a persoa ou ben non sexa asociada ou ben teña a cota de pago anual pendente.
(Aos non asociados, as cotas proporcionais establecidas para sostemenemto da actividade establécense en 2,5 euros en sesións de filmoteca, 5 euros en sesión de ciclo).

Sen embargo, o apartado máis relevante, ao igual co ano anterior, foi polos servizos prestados, alcanzando no ano 2022 un 65,5 % do total dos ingresos (41,98% no 2021). Ao peche do exercizo quedan pendentes por recibir ingresos de servizos prestados por importe de 6.252,07 euros e lamentablemente non se agarda unha mudanza na política de apoios á cultura por parte das institucións municipais (Tanto Concello como Deputación) a pesar do contexto extremadamente difícil como foi o ano anterior e en menor medida este.
No desglose dos gastos, un 28% (+18%) corresponden ao pago de tributos e comisións, un 9,5 % (-42,5%) a pago de servizos (seguros, dominio intenet,etc, que redúcese considerablemente porque no anterior exercizo, compútaronse neste apartado a reparación de reproductores, ordenador, adquisión de lector gravadora de BluRay, ventiladores de sala e aportacións a SOS Ourense.


A adquisición de dereitos para difusión pública dos filmes, pasou do 31,83% no exercicio anterior ao 61,88 %. Continua como principal fornecedor, loxicamente, a FECIGA (que actúa de intermediaria entre as diferentes distribuídoras audiovisuais).

Declaración de axudas recibidas no ano 2022
1. O cineclube non ten concedida actualmente ningún tipo de axuda por subvención nominativa ou por concurrencia.
2. O cineclube, ao formar parte da Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA), recibe un desconto na facturación dos filmes, froito do convenio suscrito entre a FECIGA e a Xunta de Galicia, para a promoción da actividade cineclubística en toda Galicia. En razón ao mesmo, insírese na publicidade das actividades, os logos da Federación de Cineclubes de Galicia e da Xunta de Galicia.
3. O Cineclube Padre Feijoo, ten asinado un convenio coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC), para albergar en Ourense a programación descentralizada da filmoteca galega; O Centro Galego das artes da imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), encargándose únicamente da proxección dos filmes enviados, e inserindo do mesmo xeito na publicidade, os logos do CGAI-Filmoteca de Galicia e do AGADIC.
4. O cineclube, en recoñecemento á colaboración e facilidades prestadas desde o re-inicio das proxeccións no salón de actos da casa da cultura (outono de 2013), xestionado entón pola Biblioteca pública, insire en toda a súa publicade, o logo da Biblioteca pública de Ourense.
Pode consultarse as xustificacións ás subvencións recibidas de anos anteriores, no apartado de transparencia, na web; sala de máquinas do Cineclube Padre Feijoo.
Pode ver en PDF e descargar o documento completo (377 kb) .
Convocatoria asemblea 2023
En aplicación do artigo 19 dos estatutos do Cineclube Padre Feijoo, a xunta directiva acordou o pasado 12 de decembro de 2022 convocar Asemblea ordinaria para o vindeiro 9 de xaneiro de 2023, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e 19:30 en segunda e última convocatoria, no salón de actos da Casa da Cultura.
Convócase aos/as socios/as, para:
1.- Informe das memorias (actividades e económicas) do ano 2022, balance económico e de contas e aprobación se procede.
2.- Aprobación se procede de orzamento económico e proxecto de actividades e investimentos para o ano 2023.
3.- Suxestións, pregos e preguntas.
Para asistencia e exercizo de votación, é imprescindible estar ao corrente de cotas do ano 2022.
Dacordo co artigo 22, a asemblea queda validamente constituída sempre que concurran a metade mais un dos asociados na primeira convocatoria, con calquera número de asistentes, mais, en todo caso coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou a persoa que o substitúa.
Dado o carácter ordinario da asemblea, os acordos que se adopten deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes.