Transparencia

A Lei 19/2013 de 9 de decembro, sobre transparencia obriga ás entidades que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía cuantía superior a 100.000 euros o cando alomenos o 40 % do total dos seus ingresos anuais teñan o carácter de axuda ou subvención pública, sempre que alcancen como mínimo a cantidade de 5.000 euros. Aínda que non acontezan eses condicionantes citados, expoñemos (desde o 2011, antes incluso da entrada en vigor da lei)  como acción de bo goberno do cineclube, unha información pública actualizada e detallada dos ingresos obtidos.

Durante os anos 2018, 2019, 2021, 2022, 2023 e actualmente no 2024; o cineclube non ten recibida ningunha axuda pública directa ou indirectamente.  O cineclube, ao formar parte da Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA), recibe un desconto na facturación dos filmes, froito do convenio suscrito entre a FECIGA e a Xunta de Galicia, para a promoción da actividade cineclubística en toda Galicia e para albergar en Ourense a programación descentralizada da filmoteca galega. En razón ao mesmo, insírese na publicidade das actividades, os logos da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia e da Filmoteca de Galicia – CGAI.

No ano 2023 asinouse un convenio coa Deputación provincial de Ourense, polo que selle facilitaba ao cineclube o uso do Teatro principal durante os mércores do ano 2023. Tampouco se recibíu cantidade algunha e por elo, inseriase do mesmo xeito o logo da Deputación e do Teatro principal de Ourense.

O cineclube, en recoñecemento á colaboración e facilidades pola cesión da sala de proxección, insire en toda a súa publicidade, o logo da Biblioteca pública de Ourense (Nós).

Ocasionalmente, poden aparecer logos de Institutos culturais ou embaixadas, froito da cesión de filmes ou colaboración  para a programación dos ciclos, ou pola cesión de servizos e facilidades (por exemplo de Urbanos de Ourense, por permitir inserir carteis nos autobuses urbanos).

Dentro dos obxectivos principais da entidade na promoción da cultura audiovisual e  autoxestión dos recursos limitados, o cineclube procura unha cota de sostenibilidade por cada proxección (entrada) que resulta unha parte proporcional de cota por asociado/a.  Existe ademais unha cota obrigatoria anual, establecida pola asamblea; sen a cal non é posible aceder aos descontos dos/as  asociados/as. Os/as non asociados/as colaboran do mesmo xeito ampliando un pequeno custe extra (incluíndo o IVE vixente). Nas medidas do posible e dependendo do custe da licenza de exhibición pública do filme programado, algunhas proxeccións poden ser gratuítas, especialmente cando concurren varias sesións continuadas ou en determinadas épocas do ano.  Lembramos que a actividade realizada tanto pola directiva coma dos socios e socias é voluntaria e non renumerada. O plan económico e xustificativo dos gastos é presentado e aprobado anualmente pola asamblea de socios (pode consultarse nas actas, máis abaixo).

O cineclube, en aplicación da Lei de espectáculos de Galicia (L. 10/2017 de 27 de decembro) conta cun seguro de responsabilidade civil, así como condicións de acceso e estanza dentro da sala; principalmente o/a  espectador/a obrígase a cumprir o horario, permanencia en silencio e sen molestía aos usuarios, prohibición de fumar e do uso do teléfono móbil (agás nas proxeccións advertidas con audio descripción, sinaladas no blog oficial do cineclube -cineclubepf.eu-)

DOCUMENTOS

Actas:  170417_AsembleaCCPF | 180214_AsembleaCCPF | 190109_Acta_AsembleaCCPF  | 200116_Acta_AsembleaCCPF   | 210217_AsembleaCCPF |   220117_AsembleaCCPF  | 230116_AsembleaCCPF  |   240113_AsembleaCCPF  |

Conveniosconvenio_cineclube-concello_2016  | convenio cineclube-concello 2017convenio ccpf-concello 2020 | convenio_cgai-2021 | convenio cgai – 2022 | convenio-depourense2023-uso-teatro-principalconvenio-cgai-2023 |

Económicos: xustificacións de axudas ou subvencións  (in-/directas) recibidas do Concello de Ourense  2011-2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016  | 2017  | 2020 |

Outros:  (Solicitude) 2021 convenio uso teatro principal(Solicitude)_cine_verán_2021 |

Patrimoniais

Inventario (en elaboración para aprobación da asamblea)

Técnicos: Rider sala | Rider campo | Plan de seguridade e emerxencia de campo | Plan seguridade COVID19 | 

Xurídicos: Estatutos cineclubepf (2004)  |  Estatutos vixentes 2022 versión galego  | Estatutos  vigentes 2022  versión castellano   |   organigrama2017  |  Organigrama2022  |