Asamblea 2018

convocaweb

……..
Aqui: Informe de xestión (e propostas 2018)
Advertisements

A crónica do 2017

Durante o ano 2017, realizáronse 171 proxeccións de 94 películas (4 proxeccións e 3 películas máis con respecto ao ano anterior. A cifra de espectadores/as incrementouse con respecto ao ano anterior e 637 persoas, alcanzando novamente sobrepasar os oito mil (8471), que supón unha media de 90,11 (+4.11) espectadores/as por película.

Habitualmente as proxeccións ordinarias (filmoteca + ciclos), realízanse no salón de actos da Biblioteca pública (112 butacas) os luns ás 20:30 e 23 horas, e os mércores ás 18, 20:30 e 23 horas. Existen outras proxeccións extraordinarias, co colexio de médicos ( martes, unha vez ao mes ás 19.30 horas), ou ben fora da Biblioteca (Praza San Marcial, Fronte ao Colexio de Mende, Museo etnolóxico de Ribadavia…)

Realizáronse 6 ciclos, aparte dos traballos de colaboración extra con OciOurense e o OUFF, e as habituais colaboracións con entidades como o Instituto Francés, Clube de lectura, Escola de idiomas de Ourense, FICCVELO, Greenpeace e Colexio de médicos de Ourense e das proxeccións de filmoteca, que sumou a incorporación do CGAI, xa empezado marzo.

Destacan o cheo total do “pequeno” patio do Museo etnolóxico de Ribadavia, coas Marxes fílmicas adicadas a Irán e novamente na programación, o cine na rúa no mes de agosto, que incorporou dous novos lugares; o xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense (que encheuse por completo) e dentro do cine por barrios, fronte ao Colexio de Mende.

Como di Jaume Ripoll (FILMIN, CAMEO)…”Un dos erros que cometeu o cine…é crer que existen dous públicos diferentes: o de ‘cine de arte e ensaio’ e o ‘cine comercial’. Unha división moi dos sesenta e sobre a que eu discrepo totalmente. Creo que o público hoxe é moito máis transversal e interésanlle certas historias. Posiblemente ven menos películas europeas que estadounidenses porque as descoñecen, non porque non lles gusten

En certa medida o cineclube, modera esa tendencia no senso contrario, ao priorizar o cine diverso, aínda que cunha tendencia europea por enriba dos produtos comerciais americanos.

Así, no ano 2017 os filmes máis vistos, foron unha producción británica (Eu, Daniel Blake) empatado cunha producción franco-belga-holandesa (Elle) con 262 espectadores cada unha. Síguelle a española (Estiu 1993) con 254 espectadores e a americana (Patterson)con 245 espectadores.

A producción galega máis vista foi ourensá (Cesteando)con 68 espectadores.

Por produccións, aínda que destaca a suma europea con 97 produccións ou coproduccións,existe unha ampla variedade do orixe das produccións, destacando 30 filmes de producción ou coproducción francesa, 20 española, 10 norteamericana…conformando unha variedade de ata 35 países diferentes (Algún coa filmografía tan inédita en España, como Kosovo, Túnez, Chad, Malasia, etc.)

 

producc2017

En canto ao apartado económico, os ingresos por cotas (soportados por 900 socios/-as , nas cotas por sesión) ascenderon a 18.200 euros (+5892,5), que xunto a subvención -invariable- do convenio co Concello de Ourense (6.000 euros) e os ingresos por venta de servizos, deron para pagar 16386, 68 euros pola exhibición de filmes, 2345, 45 para a aquisición de equipamento (mesa e luces de escenario), xunto con outros gastos en impostos e xuros bancarios que supoñen un pequeño superhabit, con respecto aos gastos; composto por 13682,7 euros, que sirven para dar seguridade económica deposis do déficit do ano anterior (2165, 7 euros).

balance17

Constan certificacións do estado de inexistencia de débedas co seguridade social, facenda da Xunta e da AEAT, así como o informe detallado, para consulta e aprobación dos asociados da Asamblea ordinaria a celebrar o vindeiro 14 de febreiro de 2018. (Consta aviso, na porta da sala de proxeccións e comunicación da convocatoria por correo electrónico).

aforos 2017

 

A crónica do 2016

Durante o ano 2016, realizáronse 167 proxeccións de 91 películas (22 proxeccións e 8 películas menos con respecto ao ano anterior ).

Habitualmente as proxeccións ordinarias (filmoteca + ciclos), realízanse no salón de actos da Biblioteca pública (112 butacas) os luns ás 20:30 e 23 horas, e os mércores ás 18, 20:30 e 23 horas. Existen outras proxección extraordinarias, co colexio de médicos ( martes, unha vez ao mes ás 19.30 horas), ou ben fora da Biblioteca (Espazo Lusquiños, Praza San Marcial, Museo etnolóxico de Ribadavia…)

Realizáronse 7 ciclos, aparte da colaboración co Colexio de médicos de Ourense e das proxeccións de filmoteca, que sumou a incorporación do CGAI, xa empezado o ano.

Destacan na programación, o “Cinema na praza” no mes de agosto, coas mellores curtas de Pixar, que alcanzou arredor de 640 espectadores, nunha única sesión. Síguenlle o clásico mudo de animación “As aventuras do principe Achmed, con 400 persoas aproximadamente, e musicados en directo co grupo “Caspervek trio”, que fixo o mesmo, co filme “O acoirazado Potemkin” con 200 persoas. En total, xunto co filme “Tangerine”, foi a actividade que máis público congreogou, con 1460 persoas (O anos anterior 725 persoas).

Por produccións, aínda que destaca a suma europea con 59 filmes, destacan aparte os 23 filmes españois (incluidos os filmes galegos que contaron todos, coa presenza do director/-a para presentar os seus traballos), 17 norteamericanos , 8 franceses e 9 de fala portuguesa, conformado unha variedade de ata 30 países diferentes (Algún coa filmografía tan inédita en España, como Malí, Siria, Iraq, Filipinas, Bosnia e Hezergovina, Colombia, etc.).

En canto ao apartado económico, os ingresos por cotas (soportados por 850 socios/-as , nas cotas por sesión) ascenderon a 12.307, 50 euros, que xunto a subvención do convenio co Concello de Ourense (6.000 euros) e os ingresos por venta de servizos, supoñen un pequeno déficit, con respecto aos gastos; composto por 16.179,53 euros por pago de dereitos de exhibición de filmes, 10.849,07 euros por gastos de equipamento, e 647,49 euros en impostos. O desfase entre ingresos e gastos é de -2.165,7, que non supoñen alarma na conta xeral co estado da conta con respecto a outros anos.

Constan certificacións do estado de inexistencia de débedas co seguridade social, facenda da Xunta e da AEAT, así como o informe delallado, para consulta dos asociados da Asamblea ordinaria a celebrar o vindeiro 17 de abril de 2017. (Consta aviso, na porta da sala de proxeccións e comunicación da convocatoria por correo electrónico).