A crónica do 2018

Durante o ano 2018, realizáronse 175 proxeccións de 91 películas (8 proxeccións máis e mesmo número de películas con respecto ao ano anterior ).

Habitualmente as proxeccións ordinarias (filmoteca + ciclos), realízanse no salón de actos da Biblioteca pública (112 butacas) os luns ás 20:30 e 23 horas, e os mércores ás 18, 20:30 e 23 horas. Existen outras proxección extraordinarias, co colexio de médicos ( martes, unha vez ao mes ás 19.30 horas), ou ben fóra do salón de actos da Biblioteca pública (Seixalvo, Praza San Marcial, Museo etnolóxico de Ribadavia…)

.

A programación, aparte da temporalidade anual de todos os luns de “Filmoteca”, (en colaboración co CGAI a partir de abril), foron os seguintes ciclos; “Imaxinario”, “Retratos e derivas” , “Primavera musical” en diversos lugares (café cultural Auriense, Café pop Torgal, e café cultural El Pueblo), “O estado das cousas”, “Adversidades”, Cine de verán, “Comedias de outono”, “Sesións crepusculares”, xunto co programado en colaboración co Colexio de médicos de Ourense, as “Marxes fílmicas” e “Cine de outono” no Museo etnolóxico de Ribadavia, conformaron un número de actividades semellantes de participación. (-0.02 espectadores de media, con respecto a 2017)

Reiteramos o compromiso de formación, cunha breve presentación e contexto de cada filme, elaboración dunha folla de sala con entrevistas ao director, e na medida das posibilidades, traendo a/o director/-a a facer a presentación e debate da película.

.

Por procedencia dos filmes, aínda que destaca a suma europea con 91 produccións europeas, destacan aparte as 47 produccións españolas (23 curtas, incluíndo os filmes galegos que contaron todos, coa presenza do director/-a para presentar os seus traballos), 12 franceses , 9 norteamericanos, 8 do Reino Unido, conformado unha variedade de ata 28 países diferentes .

Destacamos tamén a aposta polas produccións máis pequenas, contabilizando 38 curtametraxes proxectadas

produccións-paises-2018-CCPF

.

.

Dentro dos aforos, destacan as proxeccións europeas; “Loving Vicent” unha producción polaca de animación sobre a vida de Van Gogh con 271 espectadores, a producción española “Handia” con 265 espectadores, a comedia británica “The party” con 226 espectadores, “Unha muller fantástica” de Chile con 204 espectadores e as produccións de Rusia; “Sen amor” (198), Suecia; “The square” (195) e “Bos veciños” (191), Reino Unido; “Macbeth (192) e “Terra de deus” (190), Estados Unidos; “Lucky” (192), e Bélxica; “O rei dos belgas” (183). Das produccións galegas, destacan as curtas de Álvaro Gago “Matria”, Diana GonÇalves “Palmira”, Beatriz del Monte “Pois iso, que te quero “, e “Atisbos” de Iria Silvosa con 118 espectadores.

aforos-2018CCPF

Actualmente, aparte das cotas proporcionais dos socios por cada sesión, hai unha cota anual que permite financiar 2/3 partes do orzamento total para as proxeccións.

A cota anual de socios/as, ten descontos para parados, estudantes e xubilados (50%), así como para as proxeccións das once da noite e dos que asistan aos días habituais da semana (filmoteca + ciclo). O número total de persoas ao corrente de pago é de 419 socios/as.

A continuación, o detalle das entradas e saídas de caixa, durante o último ano (comparada co ano anterior, en primeiro lugar):

entradas-saidas-comparativa2017-2018CCPF

Consta anuncio para consulta e aprobación se procede dos asociados do informe completo co balance, estado de contas e memoria do exercizo do 2018 e propostas para o 2019, para a Asamblea ordinaria a celebrar o vindeiro 9 de xaneiro de 2019.

.

.

Pode descargar o informe para a asamblea, aquí  [PDF 384 Kb: Docs asamblea 9xan2018 ]

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s