A crónica en cifras do regreso

Dicía Fellini, nunha das súas míticas frases que “ Falar de soños é como falar de películas, xa que o cine utiliza a linguaxe dos soños: anos que poden pasar en segundos e en segundos pódese saltar dun lugar a outro“.

ocho-y-medio-2

Bastantes saltos tivemos que facer para voltar á Biblioteca nodal, e aínda nos faltan os segundos que parecen anos, para reencontrarnos na seguinte tempada, despois do verán.

Nesta tempada pasada, que vai desde outubro de 2013 a xuño de 2014; proxectamos 52 filmes, cunha asistencia media de 115 espectadores por sesión.

Non todas as sesión foron na Biblioteca nodal, posto que como é habitual a outros anos, o cineclube acompañado doutras entidades, colaborou para proxectar filmes no Campus de Ourense (Clásicos do cinema portugués do S.XX), na rúa (Conmemoración do 40 aniversario da revolución dos caraveis) ou mesmo na festa de “A bela Auria“.

En calquera caso a cifra de asistencia global á programación do cineclube neste periodo, incluida a programación das sesións de filmoteca (en colaboración co CGAI) son de 5.984 espectadores. Non hai dúbida que ao reducirse o aforo nun 50%, (de 234 butacas a 112, actualmente) con respecto á sala utilizada antigamente no Cinebox, inflúe nas medias resultantes actuais; de 212,5  a 115 espectadores de media por día de proxección.

Nos rexistros de asistencia de filmes desta tempada, destacan “Un amor de xuventude” de Mia Hansen-Løve, con 243 espectadores, Mud” de Jeff Nichols, con 232 e “Noutro país” de Hong Sang-soo , con 229 espectadores. Con respecto ás sesións dos luns, destacamos a “Rabat” de Jim Taihuttu e Victor Ponten, con 124 espectadores. Destacamos, dentro dos filmes de producción galega,  o excelente  filme de Toño Chouza “Entreparadas” que congregou a asistencia de 206 espectadores.

Datos de asistencia Oct 2013 Xuñ 2014 Cineclube Padre Feijoo Ourense

(Preme para agrandar a imaxe)

Na oportuna enquisa sobre a calidade da tempada  e outras cuestións, (que este ano só fixemos vía web, polo alto número de filmes proxectados) destacamos  a alta valoración global que se fai da programación; cun 40 e 55 por cento, entre notable e sobr esaínte, respectivamente. Preguntouse tamén, sobre a frecuencia de asistencia (un 35% asiste con regularidade)  e sobre os días preferidos para proxección; nos que se reafirman os días actuais, dado que en primeiro lugar, un 36% propón os mércores (como até agora), e en segundo lugar os luns (agora sesión de filmoteca), cun 18% (A este aspecto, empatan os xoves coa mesma preferencia cos luns).

Na valoración dos filmes proxectados, pedíuse que se puntuara de 1 a 5, correspondendo a 1 a peor nota, e 5 a máxima consideración. Os filmes, por orde  de maior a menor, foron “Nebraska” de Alexander Payne, cun 75% que votou a opción 5, “20 anos non é nada” de Joaquim Jordá, cun  71% na opción 3, e “O 5º evanxeo de Gaspar Hauser”, que un 85% optou por a opción 1.

 

Os datos completos, de asistencia, valoracións globais e particulares de cada filme, podes consultalo máis amplamente (en PDF) aqui; Informe CCPF 2013-2014.

 

 

Imaxe de "Pi" de D. Aronofsky

Por último sinalar, que ademáis nesta  tempada tivemos que realizar un importante  desembolso económico,  que supuxo a adaptación das instalacións da Biblioteca nodal, e do burato (aproximadamente 10 mil euros) que nos deixou o Cinebox e facenda coa non devolución do IVE soportado das facturas non cobradas. Fronte isto,  a Administración municipal (1) (e provincial)  non só reducíu as axudas (ou negou) se non que se permiten retrasar pagos de servizos prestados. (Por exemplo, o pasado Festival de cine internacional de cine de Ourense, chamounos un día antes da homenaxe a Pedro Olea no teatro principal, para pedirnos a colaboración de operar o proxector  de 35 mm. do teatro principal. Inexplicablemente proxectaban “O bosque do lobo”, e así constaba no programa, sen que existira a precaución de contar quen proxectaba. Lamentablemente, aínda non cobramos ese servizo, nin outro máis particular sobre a preselección de filmes a concurso)

 

 

_

(1) xustificacion CCPF 2013 concello  (subvención)

One comment

  1. Mercedes Salgado Edrosa · Xaneiro 2, 2015

    Muchas gracias por vuestros esfuerzos, no siempre valorados. Saludos y ánimo para continuar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s