Joaquim Jordá

joaquin jordáLicenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona. Despois estudou na Escola de Cine de Madrid, e en 1952 viaxou a París para entrar no entorno da Cinematheque, establecendo contacto con Éric Rohmer, François Truffaut, Claude Chabrol o Jacques Rivette. Alí adquiriu a conciencia política que marcou a súa obra.

A finais da década de 1960 marchou vivir a Italia por mor das dificultades económicas e da censura. Alí estivo até 1973, e realizou filmes de carácter militante ou alternativo, como Lenin vivo (1970), ou I tupamaros ci parlano. Tamén rodou algunhas películas combativas sobre o réxime de António de Oliveira Salazar en Portugal. Xa de regreso a España dirixiu unha colección de libros de cinema, dedicouse á tradución literaria do francés e do italiano, e colaborou como guionista de Vicente Aranda en filmes como Cambio de sexo (1977), El Lute, camina o revienta (1987) e El Lute II, mañana seré libre (1988) e a serie de televisión Los jinetes del Alba.

A partir de 1980 dedicouse plenamente ao cinema documental: Numax presenta… (producido coa caixa de resistencia dos obreiros e obreiras en folga da fábrica Numax), El encargo del cazador (sobre os últimos anos de Jacinto Esteva), De nens (sobre o barrio de El Raval), Mones com la Becky (sobre a lobotomía) e Veinte años no es nada (segunda parte de Numax presenta).

Morreu en 1998, e no ano 2000 concedéuselle o Premio Nacional de Cine de Cataluña, e posteriormente foi recoñecido co Premio Nacional de Cinematografía.

Joaquim Jordà, convertíuse ao final, nun referente para algúns xoves realizadores que atopan nél, un xeito de facer cinema á marxe dos modelos de producción dominantes. A azarosa traxectoria de Jordà amosa que o seu cine é un reflexo de modelos de producción dispares e ás veces antitéticos. Na súa filmografía hai documentais, ficcións e películas militantes, así como formatos distintos e orzamentos desiguais. Porén, confire un acabado realista que non recurre a nengún tipo de naturalismo para confeccionar as súas obras. Ao contrario, o seu cine sostense enriba da capacidade de reflictir e dar xeito ás condicións humanas e materiais coas que traballa.

Cada unha das súas produccións ten xenerado tamén públicos específicos, atraídos pola promesa de participar nun debate. Tal como dícia, nun encontro de cineclubes, en Viana do Castelo; «Yo me preocupo más por la mise en place de la escena y el plano, que no por cómo lo captará la cámara. Organizo la situación y después me retiro. Podría irme a tomar un café y regresar cuando todo esté hecho.»

Da súa filmografía, non deixa de sorprender hoxe, que filmes documentais de referencia polo seu compromiso político esteen ausentes -non só da grella cinematográfica- se non incluso das aproximacións divulgativas ou científicas; especialmente no referido ao caso español. O caso de Joaquín Jordà é moi chamativo, “Vinte anos non é nada” é a segunda parte, recuperada nese tempo, de “Numax presenta…”,filme maldito pola súa crítica frontal á “exemplar transición” -modelo de modelos na que se refire a un cambio político dunha dictadura a un estado de dereito-. Nese senso, a propia traxectoria da película da unha pista; proxectouse por primeira vez o 1 de maio de 1979 na Filmoteca de Catalunya.

Para moitos dos partidos políticos e movimentos obreiros o filme constituía unha afrenta polo pesimismo que pechaba esa historia dun fracaso. Por elo quedou marxinada nos circuitos paralelos de exhibición controlados daquela, polo Partido Comunista e foi esquencida intencionadamente.

Pero a historia do filme non queda aí: o negativo permaneceu gardado nos almacéns de Fotofilm ata que suspendeu pagos e foi embargado polo xuíz xunto con outros materiais. A propia traxectoria da película, tanto o súa estrea como a súa posterior desaparición física, parecen obedecer á historia dun país que prefire recordar o seu pasado máis recente -polo fútbol- ou en versións de ficción edulcoradas en formato televisivo; moito máis amables por ser narradas desde un punto de vista infantil que o determina todo e que indica a percepción da sociedade española como necesitada todavía dunha tutela parental que a axude a enfrontarse á súa biografía histórica.

Vinte anos non é nada comeza coas imaxes da última secuencia de Numax presenta…: a festa de despedida e peche da experiencia de máis de dous anos de autoxestión da fábrica. Cadaún comenta os seus plans de futuro, as súas aspiracións por conquerir uns obxectivos vitais e persoais para escapar da explotación capitalista. É abraiante ver como desde o punto de vista político a concencia ideolóxica é enorme -se o comparamos co presente escenario- a saber; sindicatos invisibles e reducidos a logotipos, é dicir, modernizados. É precisamente o que a maioría de persoas de Numax que falan desde “o presente” destacan: o contraste que existe entre a concenciación política dos anos setenta e a estendida idea do colectivo como principio básico da sociedade a construir, fronte ao individualismo atroz (non hai que fuxir moi lonxe, se ollamos ao Concello de Ourense) que preside este estado democrático actual que tan exemplar debe ser para outros países que saen da dictadura ou mesmo que en comparación, impide consultar á cidadanía, as formas do propio estado. En realidade, o tan traído modelo español o é, en último término, porque supón a aceptación total e sen resistencia algunha dos parámetros económicos do novo capitalismo, coa renuncia gradual aos dereitos adquiridos polos traballadores ao longo de anos.

Este filme documenta á perfección cal é a situación de España e deixa unha certa tristura porque o punto de partida a finais dos setenta era moito máis prometedor, pola entereza e resistencia da xente que antepuña o colectivo, o social ao particular, pola politización da vida e das rúas. Na nosa sociedade actual, mergullada na prodredumia e letargo político, amparada no mercado mediático, máis interesado en falar do bonito traxe do rei, aínda que vaia espido, dispón dunha regras moi claras; non discutir porque ao fin e o cabo somos parte dunha idiosincrasia do propio sistema político. Unha situación que vese claramente sintetizada nun anuncio televisivo dunha marca de mobles que axúdanos a redecorar as nosas vidas. O eslogan fala da república independente das nosas casas, invitándonos a non preocuparnos demasiado ou nada de todo o que acontece máis alá dos endebles muros dos pisitos nos que vivimos, que custan unha fortuna e que no mellor dos casos pagamos, grazas a hipotecas que herdarán os vosos fillos, a risco de ser desafiuzados sen compasión e dereito á protesta.

Non creo que Jordà fora pesimista con Numax presenta… nen tampouco coa súa continuación (que proxectamos este luns 10 de febreiro ás 20:30 e 23 horas na Biblioteca).

O deprimente e realmente lamentable é que sen darnos conta e sen facer nada, renunciáramos á actividade política retratada por Jordà neste filme en dous tempos, sen ter recibido a cambio demasiado.

……………………..

Textos de;
Carpeta Joaquim Jordá;http://shangrilatextosaparte.blogspot.com.es/2007/04/carpeta-joaquim-jorda-v-veinte-aos-no.html
Cine de Situación; http://artglobalizationinterculturality.com/activities/exhibitions/carles-guerra/
Manuel P. Barbeito

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s