Martin McDonagh

Martin McDonagh

Martin McDonagh

Martin McDonagh, fillo de pais irlandeses, nado en Camberwell (Londres) o 26 de marzo de 1970. Dramaturgo e realizador é coñecido polo impronta do seu estilo cinematográfico (e pezas teatrais) de gran brutalidade, deste xeito grotesco e violento, capta a atención do público.

En 1996 acadou o premio do Círculo da Crítica Teatral británica ao dramaturgo máis prometedor do ano coa súa primeira obra «The Beauty Queen of Leenane» (A raíña da beleza de Leenane), que en 1998 foi nominada ao Premio Tony á mellor obra. Esta obra inicia unha triloxía de obras ambientadas no Condado de Galway, co que gañou o favor do público e da crítica. O ciclo «The Leenane Trilogy», complétase con «A Skull in Connemara» (Un cranio furado) e «The Lonesome West» (Oeste solitario), as dúas de 1997 e estreáronse en Galicia da man de Xúlio Lago e Quico Cadaval. Actualmente, Il Maquinario Teatro, xira coa súa obra «The Pillowman» (O home almofada, 2003), unha das súas obras teatrais, con máis sona e galardonada (co premio Laurence Olivier 2004 e Tony 2005, ao mellor texto teatral)

En 2005 iniciouse no cinema coa curtametraxe «Six Shooter», onde conta a historia dun home que viaxa en tren cara á súa casa unhas horas horas despois da morte da súa esposa, atopase no vagón cun mozo estraño que resulta ser un psicópata. A curta obtivo o Oscar ao mellor curtametraxe en 2006.

En xaneiro de 2009 presentouse a súa primeira longametraxe, «In Bruges», que abriu o Festival de Sundance. Protagonizado por Ralph Fiennes, Colin Farrell e Brendan Gleeson gañou un premio BAFTA  (British Academy Film Awards) ao mellor guión e foi nomeada ao Oscar ao mellor guión orixinal. Colin Farrell acadou o Globo de Oro ao mellor actor de comedia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s