Zhang Yimou

zhang yimou

Ao estalar a ‘revolución cultural’ tivo que traballar como pastor e peón nunha fábrica textil. Zhang forma parte do que se coñece como Quinta xeración do cine chino, que a integran aqueles directores que, como él (ou Wu Tianming, Chen Kaige…) comezaron a súa carreira trala Revolución Cultural, a finais de 1960

En 1982 gradouse en Fotografía no Instituto de cine de Pekín. O seu cine, caracterízase precisamente por unha excelente e coidada fotografía. Ademáis redundan a épica, xunto con retratos íntimos e figuras de mulleres fortes e decididas.

Colaborou con Zhang Junchao en ‘Oito e un’ e con Chen Kaige en ‘Terra amarela’ e ‘O gran desfile’. Tras traballar como actor en filmes como ‘O vello pozo’, en 1987 debutou como director con ‘Sorgo vermello’, Oso de Plata no Festival de Berlín e onde xa dirixíu a Gong Li, protagonista de gran parte da súa filmografía.

Semente do crisantemo’ (1990) deulle unha nominación aos Óscar e a espiga de Ouro na 35 Semana de Valladolid, e, coa ‘A lanterna vermella’ conqueríu o León de plata no Festival de Venecia no ano 1991. Sen embargo, pese á súa repercusión internacional, éstes dous filmes foron prohibidos na China.

Talvez, o goberno chinés na procura da dimensión e aceptación internacional, deulle a dirección das cerimonias de inauguración e clausura dos xogos olímpicos de (Pekín) Beijing 2008.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s