Avaliación xaneiro-maio 2013

avaliacion xaneiro maio 2013

Na primeira parte do ano 2013, (nun periodo en que as salas do cine comercial, rexistraron un forte retroceso de asistencia) o cineclube contabilizou un pequeño incremento de espectadores, con respecto ao mesmo periodo do ano anterior; 5.671 espectadores, un 1,4 por cento máis, con respecto ao ano 2012 (5.591).

O filme máis visto deste periodo, foi a galega “O Apóstolo” de Fernando Cortizo con 451 espectadores, seguido de “The angels´ share” (A parte dos anxos) do británico Ken Loach, e do filme español “Una pistola en cada mano” de Cesc Gay, con 416 espectadores. (Seguramente estes, non son filmes que vexa Montoro)

Na enquisa realizada na última sesión do periodo xaneiro-maio, rexistramos as evaluacións do espectadores/-as, das que queremos sinalar algunhas peticións no apartado de “outras”, onde se nos pedía unha maior atención por parte dos medios de comunicación (cuestión que non depende de nós) ou, que o cineclube estenda as súas proxeccións fora da cidade (Celanova, Allariz,…). Lamentablemente, o cineclube sufriu unha mingua importante na recadación que soporta a programación, dado que o grupo Ábaco, propietario dos Cinebox, incautou toda a taquilla do citado periodo, e do que recuperamos tan só o 50% de dous meses.

 espectadores

A valoración global é notable alto, correspondendo o filme máis valorado “As sesións” cun 59,1 % coa nota máis alta (5), e o menos valorado, ou máis discutido “Holy motors”

 grafica valoracion
Paralelamente neste periodo, a pesar das promesas da concellaira de cultura, do mesmo alcalde –diante do pleno– do Concello de Ourense, (coa complicidade da indolente oposición municipal) xunto coa arbitrariedade e pasotismo da Deputación provincial, que nin siquera (a pesar dos tres reiterados intentos) non quixeron escoitarnos, o cineclube foi capaz de realizar unha importante inversión, que capitalice un futuro estable das súas proxeccións; neste caso na Biblioteca pública,  (coa inestimable colaboración da actual dirección da biblioteca, e a xenerosidade de Benito Álvarez; antigo dono do Cine Duplex)
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s