Andrew Haigh

Andrew HaighAparte da faceta de director, Haigh traballou como guionista, produtor e asistente de realización. En 2009 dirixíu o seu primeiro longametrase Greek Pete, centrado na prostitución masculina e que gañou o premio á excelencia artística no Outfest 2009.

Weekend é o seu segundo filme, acerca dunha intensa relación de fin de semana, que ten gañado varios premios en festivais internacionais, incluíndo no 2011, o British Independent Film Award (Tom Cullen). En varias entrevistas, ten recoñecida a influencia no seu último traballo, do filme de David Lean Brief encouter “Breve encontro” (1945) coa diferencia que, a relación é hetero. Haigh é abertamente gai.

Neste segundo filme, moita xente pode tamén atopar unha semellanza á primeira parte da triloxía de Linklater “Antes do amencer (1994), posto que coincide un relación de amor, cun tren polo medio da relación. Do mesmo xeito, acontecen nas dúas películas, longas conversas de inéditas confesións mutuas, ata o punto que chegamos á certeza de almas xémeas, cos mesmo interrogantes, nos desenlaces de ámbas historias.

 Weekend, proxéctase o mércores 30 de outubro na Biblioteca pública (Rúa Concello,11 Ourense)

+crítica (Weekend) http://www.elantepenultimomohicano.com/2013/01/critica-weekend.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s