O Cinebox de setembro

cinebox

Heminway escribíu unha vez: ” O mundo é un bo lugar polo que merece a pena loitar…” [ só estou dacordo coa segunda parte]

Esta loita de setembro, virá dada pola decisión que adopte o administrador xudicial que regula a liquidación do Cinebox, que resolverá a mesma, e con elo o futuro dos cines en Ourense.

A empresa valenciana Ábaco-Cinebox que xestionaba un pequeño número de cines, no 2006  compra Cinebox ao través do fondo  de capital de risco  ”MERCAPITAL” (Clece, Ossa, Arsys, Bodegas Lan, Garcia Baquero, Pans, Azucarera, García Carrion,Marie Claire,etc) co obxectivo de obter máis salas, e con elo acceso en mellores condicións, aos filmes das distribuidoras.

Un ano despois da adquisión, presenta suspensión de pagos por máis de 60 millóns de euros, para así facer fronte á débeda privada desa compra. Tralo análise auditor de   KPMG; auditora  tamén de Novacaixa Galicia, que primeiro emitíu un dítame  a favor da fusión , e logo descubríu un  burato de 1700 millóns de euros ( + info da  auditora) preséntase un plan de viabilidade en febrero de 2011, que por incumprimento do mesmo, solicítase a liquidación por parte dos acreedores en xullo de 2013.  A razón fundamental, ven dada pola xestión, e aínda que coincide coa suba do IVE e a baixada de asitencia, o lastre ven dado, polo altos custes de explotación; froito de alugueres desmesurados  , suba espectacular da electricidade, aumento das marxes de distribución, e débedas da adquisición.

Cómpre facer unha observación que, os donos capitalistas da que era considerada 2º canle de distribución cinematográfica española, estaba formada por xente que non tiña absolutamente ningunha relación co cine. A raigame era un grupo empresarial, adicado a construir centros comerciais, que pensan na importancia de posuír instalacións de cine que garantan afluencia de público. (Eses condicionantes son vitais, para garantir o éxito dun centro, xunto coas grandes superficies de alimentación e centros textis de recoñecida sona). Na ambición de expandir os centros, empezaron a construir un imperio de salas con rápida absorción de custes e pouca visión da situación do cine, da distribución e de empatía cos espectadores.

DANOS COLATERAIS; O CINECLUBE

A pesar do incremento de espectadores no ano 2013, ( Un 30% máis no periodo xaneiro-maio de 2013: 5671 espectadores, con respecto ao mesmo perido do ano pasado; xaneiro-maio 2012: 5591 espectadores) o Cineclube Padre Feijoo deixou de recibir os ingresos de taquilla, dado que o Cinebox entrou en liquidación, e non entregou a  parte da taquilla que lle correspondía despois de descontar o aluguer.

Este aspecto, xunto coa  inexistente política do Concello de Ourense e da Deputación provincial,  en apoio aos cineclubes  poden poñer en perigo a continuidade do mesmo, tal como se coñece ata agora.

En febreiro do 2013, a instancia da actual responsable (Ana Garrido) municipal de cultura, entregásmoslle un modelo de convenio que ten o Cineclube Lumiêre e o Concello de Vigo. Nove meses despois, o Concello de Ourense, promove unha modificación urxente de crédito (xa que ten os orzamentos prorrogados) no que constan partidas para asociacións sociais, culturais (Ateneo e Liceo), para arranxar a capela privada dos Remedios (100 mil euros que se suman a 47 mil) e 20 mil euros para o novo filme de de Ignacio Vilar. O cineclube lamentablemente non ten novas, nin dese convenio prometido, nin da resolución da convocatoria de axudas en réxime de concurrencia competitiva (do que presentamos un proxecto)  para actividades de 2013 (Nótese que xa estamos en setembro de 2013).

Tampouco temos lamentablemente novas da Deputación provincial de Ourense, que a pesar da reiteración electrónica, non teñen día para recibirnos (Nótese a reiteración do mes; setembro de 2013).

Así que con estas, e coa excelente colaboración da nova directora da Biblioteca pública nodal de Ourense (rúa Concello,11), estamos a adaptar uns vellos proxectores de 35 mm (froito da donación de Benito Álvarez, antigo dono do Cine Duplex, do que nunca teremos palabras suficientes de recoñecemento).

Ao mesmo tempo, aínda non esgotamos a vía xudicial, nin municipal; posto que pedirémoslle ao Pleno do Concello, que se absteña de utilizar as instalacións do Cinebox para presionar un acordo de pago, que aceptamos -tal como estan as cousas- en especie, ou sexa en aluguer gratis, ou en instalacións (pantalla, proxector, butacas…)

Para rematar polo momento, é bo lembrar unha frase do filme de  David Fincher (Seven) que parece asignada en sangue polos nosos(as) admirados(as) responsables …. “A apatía é a solución, é dicir, resulta máis fácil abandonarse ás drogas que enfrontarse á vida, roubar o que un quere que gañárseo, pegar a un neno que ensinalo. Por outra parte o amor require esforzo, e traballo”

Gosten do sétimo mes do ano, agardamos veros no oitavo con moito amor.

2 comments

  1. Manuel · Novembro 10, 2014

    Mercapital, ahora N+1, defrauda además impuestos, por medio de un acuerdo con Luxemburgo para tributar sólo el 1%, con mediación de Guindos y Juncker.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s