Miguel Gomes

Miguel Gomes (Lisboa, 1972) Crítico cinematográfico, (Público, entre 1994-1999) produtor, e director de cinema encadrado no grupo de cineastas, formados na Escola Superior de Teatro e Cinema, que desponta nos anos noventa do Séc. XX.

Miguel Gomes

Distinguido pola creación de cine de autor, seguindo unha tradición inovadora do cinema português, cara a unha vertente antropolóxica, inspirada no neorrealismo italiano e na nouvelle vague. As súas primeiras obras, grazas ao apoio institucional, reciben premios en festivais internacionais.

O mesmo director, recoñece unha pegada morriñenta nos seus filmes, unha especia de fado interior, que sinte, o pasado perdido, a infancia, o amor. (Talvez teña que ver con ese deja vú colonial e gastado de Portugal). Os seus filmes teñen puntos de ledicia, sen esquecer que a tritusra é parte dunha personalidade colectiva.

Polo filme “Aquele querido mes de agosto” (2008, Poch films), que narra os amores contrariados entre unha cantante e o seu primo, no medio de longos tramos con música popular da rexión de Coimbra, recibíu o premio ao mellor filme no BACIFI 2009.

Sen embargo, é con “Tabú” (2012, Casa de películas S.L.) onde recibe o recoñecemento da crítica internacional, e os premios no Festival de Berlin 2012.

Sobre TABÚ

Dunha coloquio no BACIFI, extráense do diálogo co director; “ A miña película ten máis que ver co “Tabú” [1931] de Murnau. Foi a última que fixo, pero non a realizou só. Murnau, que era alemán, fíxoa xunto a un borracho americano chamado [Robert J.] Flaherty, que era moi bo, fixera “Nanook, O Esquimal” (1922).

E os alemanos son, bo… teño que ter coidado… Murnau era un virtuoso, un dos cineastas que máis controlaba as cousas. Buscaba estar en todo, controlaba o mínimo detalle. Flaherty non tanto. Unha vez lin que cando estaban a realizar a película, Murnau se enfermou, estaba en cama e dixo: «ben, se ese borracho de Flaherty dirixe un plano…». Murnau era un tanto desconfiado.

Nesa película hai unha conxunción de dúas cousas que parecen inconciliables, por un lado ese control, que fai á película moi virtuosa, moi controlada, con planos que se pechan de xeito incrible, pero á vez é unha película moi dispoñible, porque non está feita nun estudo americano senón nunha illa do Pacífico, coa xente desa illa. Entón hai unha especie de dispoñibilidade para abordar o mundo, onde hai moito traballo para facer a mise-en-scène. É case como unha utopía do cine, como facer algo moi controlado e ao mesmo tempo poder estar dispoñible para o mundo.

Pero ben, digo todo isto agora, pero a película nun comezo non se chamaba “Tabú”, íase chamar “Aurora”, como outra película de Murnau, Sunrise o título orixinal. Agora estou moi contento que se chama Tabú, cambieille o título inicial porque un director romanés tiña unha película recente que tamén se chamaba Aurora. Entón pasei a roubarlle a Murnau o título dunha película que fixo hai oitenta anos, antes que a un romanés que fixo unha dous anos atrás, algo que me parecía un roubo un pouco descarado.

Para min “Tabú” é un signo dun cine extinto. Sabía que esta película, que se ía chamar primeiro “Aurora” e logo “Tabú”, ía ter que abordar esa idea de extinción. Había un personaxe que desexaba morrer, pero tamén se falaba dunha sociedade extinta, a sociedade colonial. Pero tamén desexaba dialogar cun cine extinto, o cine clásico, desexaba falar sobre o mundo colonial, tanto o real coma o creado polo cine. Non quería filmar a África real actual, non tiña o dereito. O que desexaba era traballar sobre esa mitoloxía da África do tempo colonial.

tabu1

Hai unha canción naquel querido mes de agosto que é moi narrativa, sobre un home que vai sempre ás putas, entón a súa muller faise puta, porque está sempre a esperar o seu marido. É unha historia moi fermosa, para min é como un texto literario moi baixo e absurdo. Esa canción ten o mesmo lugar que os texto de Tabú. Tanto eu coma o meu coguionista deslizámonos cara a ese desexo de ficción que temos nas nosas vidas. Ese desexo debe existir no cine e pode pasar por moitas formas: textos literarios, cancións ou moitas cousas diferentes.

Iso é o que sucede en Tabú, hai unha verdadeira pasaxe de Robinson Crusoe, que le Santa, o mesmo que usei para aprender a ler. E Pilar está sempre a ver películas na sala de cine, tamén están os sonos de monos. Os personaxes da primeira parte teñen ese desexo de ficción, entón a voz en off da segunda parte é como un regalo, tanto para eses personaxes coma para os espectadores. É un intento de dar resposta a ese desexo de historias de ficción.

Non creo nesa idea de que a voz en off literaria faga que a película sexa menos realista, menos naturalista. Creo que é o que enganou no cine de autor, o cine menos comercial, sobre todo en Europa, como resposta ao cine americano de gran consumo. A maioría das películas que se realizan hoxe para o circuíto de cine de autor teñen máis que ver co naturalismo e o realismo. Eu estou lonxe diso. A min gústame ver nas películas un mundo que non é o de hoxe.

Como curiosidade, en todos os filmes de Miguel Gomes, aparece un burro, e en “Tabú”, costoulle caro conquerilo, pero o atopou a cincocentos metros do set de rodaxe.

FILMOGRAFIA

  • Curtas

1999 – Entretanto

2000 – Inventário de Natal

2001 – 31

2002 – Kalkitos

2003 – Cântico das Criaturas

  • Longas

2004 – A cara que mereces

2008 – Aquele querido mês de agosto

2012 – Tabu

Enlaces;
http://pt.wikipedia.org/wiki/Miguel_Gomes_(cineasta)
http://www.marienbad.com.ar/charlapublica/miguel-gomes
 
Filmes e valoracións:
http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=Miguel+Gomes

.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s