Michael Haneke

Michael Haneke (23/03/1942, Múnich) principiou como crítico cinematográfico e dramaturgo, talo fracaso como músico e actor.

michaelHANEKEDesde o ano 2002, exerce de profesor na Academia de cine de Viena (Austria) onde reside. Como director de cine e guionista, é coñecido polo seu estilo sombrío e turbador. As súas películas a miúdo tratan problemas da sociedade moderna, e adoitan causar controversia.

A película comercial en que Haneke debutou foi “O sétimo continente” (1989), que serviu para trazar o estilo violento e groso que florecería nos anos seguintes (Funny Games,O Video de Benny). O grande éxito de Haneke chegaría en 2001 coa súa película máis aclamada pola crítica “A pianista”. Con “Cache” gañou o premio ao mellor director en Cannes e á mellor película na cerimonia de Premios do Cine Europeo

“Das Weiße Band” (A Cinta Branca, 2009), gañou o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e obtivo nominacións a mellor película estranxeira e a mellor fotografía nos premios Oscar.

Haneke deconstrue as estruturas narrativas tradicionais para lograr un distanciamento brechtiano. A súa provocativa forma de narrar busca sobre todo facer pensar o espectador e sacalo das súas cómodas convencións cinematográficas situándoo en encrucilladas onde todo é posible. Nese sentido, o precedente de Michelangelo Antonioni foi fundamental para el.

Desexando provocar reaccións vivas e emotivas, Haneke intenta interrogar sobre a responsabilidade da testemuña ante as escenas expostas, formulando cuestións de orde social, político, histórico, cultural ou moral sen xamais achegar respostas claramente establecidas. Un trasfondo cultural e filosófico denso percíbese detrás de cada unha das súas obras.

Entre os seus temas recorrentes están; A introdución dunha forza malévola na confortable vida burguesa ( como se ve en Funny Games e en Caché), Unha actitude crítica contra os medios masivos, en especial a televisión ( como sucede en Funny Games), A incomunicación ou incapacidade de poder comunicarse directamente co outro ( Caché).

Outra das cuestións polémicas de Haneke, é a utilización de imaxes de maltrato animal; O director defende que ao espectador de cine lle impresiona máis a morte dun animal que a dunha persoa, pois dá por feito que a morte da persoa é ficticia. (Para conseguir maior impacto, en moitas das súas películas inclúe escenas nas que aparece a morte dun animal. Na maioría dos casos é ficticia, así acontece cun dos cabalos nel tempo do lobo, adestrado para caer; non obstante a morte doutro cabalo é real, filmado nun matadoiro onde se ía sacrificar, xa que Austria non se permite o maltrato gratuíto de animais)

Enlaces

Valoración e filmes;

http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stext=michael+haneke&stype=director

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s