Leo Carax

Léos Carax (22/11/1960) é un cineasta francés. Carax é coñecido polo seu estilo poético e o carácter torturado que adquire o amor nas súas películas. O seu primeiro grande excursión no cine foi a película Chico coñece rapaza, que realizou en 1984, aos vinte e catro anos de idade. Outras das súas máis notables obras son: Os amantes do Pont Neuf (1991) e Pola X (1999).

  • Primeiros anos

Léos Carax é un anagrama composto polo seu nome de pila. Nacido Alex Oscar Dupont en Suresnes, Hauts-de-Seine, (municipio da capital francesa París, de pai francés e nai norteamericana.

  • Carreira cinematográfica

Xa na infancia, Carax se sente atraído polo cine (a súa nai era crítica de cine no International Herald Tribune), e de xeito especial cara ás estrelas femininas, en especial Marilyn Monroe. Empezou a súa carreira con algunhas curtas e traballando como crítico nos Cahiers du cinéma. Moi novo realiza Boy meets girl (1984), que chama a atención por un estilo visual maduro. É tamén a primeira dunha longa serie de colaboracións entre o director e o seu actor fetiche, Denis Lavant e o director de fotografía Jean-Yves Escoffier.

Seguiulle o filme de ciencia ficción Mala sangue en 1986. A película é unha clara homenaxe á Nouvelle vague, e en especial a unha das súas grandes influencias, Jean-Luc Godard. Continúa coa súa exploración do amor nos tempos modernos, que adquire un ton máis escuro e extremo nesta fita. Participa no 37 Festival de cine de Berlín.

Leos Carax

Cinco anos despois, retoma a súa carreira como director con Os amantes do Pont-Neuf, película que sofriu varios atrasos debido a problemas co financiamento e coa administración parisiense (o filme rodábase na emblemática ponte), pero que recibiu unha moi boa acollida por parte da crítica e abría as portas a unha maior experimentación de Carax na súa seguinte película Pola X. Esta, aparecida no ano de 1999, era unha adaptación do conto de Herman Melville, Pierre ou as ambigüidades, de tema incestuoso.

A finais de 2007, participa co segmento titulado Merde na longametraxe xaponesa Tokyo!

Trece anos despois da súa última película, en 2012, presenta Holy Motors, protagonizada outra vez por Denis Lavant,se presenta ese ano na sección oficial do Festival de Cannes, pero a pesar de ser considerada por moitos unha das mellores obras presentadas ao certame, non gaña ningún premio (as reticencias son debidas a que se considera orixinal e novidosa en exceso). Non obstante, foi o gran gañador do Festival de Cine de Sitges xa que obtivo os premios á Mellor Película, a Mellor Dirección, o Premio José Luis Guarner da crítica e o Méliès d’Argent ao mellor filme europeo.

FILMOGRAFÍA SELECTA

Scars (anunciada)

Holy Motors (2012) – Director

Tôkyô (2008) – Director

The Process (2003) – Actor

Pola X (1999) – Director / Libretista

Sans Titre (1997) – Director

The House (1997) – Actor

Les amants du Pont Neuf (1991) – Director / Libretista

King Lear (1987) – Actor

Mauvais Sang (1986) – Director / Libretista

Boy Meets Girl (1984) – Director / Libretista

Strangulation Blues (1980) – Director

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s