Benh Zeitlin

Bzeitlin2

Benjamin Harold “benh” Zeitlin (Queens-NY, 14/10/1982) animador, guionista, e director de cine estadounidense.

Filma o seu primeiro longametraxe, en 16 mm., con “Beast of southern wild” (Bestas do sur salvaxe, 2012), no que aparte de numerosos eloxios, recibe -ente outros- a cámara de ouro do Festival de Cannes e o gran premio do festival de Sundance. O traballos que tiña como autor cinematográfico, antes deste filme, era varias curtas, das que destaca precisamente, unha curta rodada en Nova Orleans; “Glory at Sea” (2008).

O guión de “Bestas do sur salvaxe”, foi amparado polo laboratorio de guionistas de Sundance, 2 anos antes da rodaxe, a medias con Lucy Alibar.

Sobre BESTAS DO SUR SALVAXE

Non é un documental, e non hai nada nela da seriedade antropolóxica que pode amortecer unha película que se ve nun escuro canto do mundo. “Bestas do sur salvaxe” ten unha palpable emoción, un senso agudo de osíxeno presente. É ruidoso e vivo. Benh Zeitlin só dirixiu curtametraxes no pasado, pero foise aos pantanos cunha cámara de dezaseis milímetros (Ben Richardson fixo a cinematografía) e o apoio dun colectivo chamado cine Court 13 e saíu cunha característica vibrante.

A orixe da película é unha obra de teatro, “substanciosa e deliciosa” onde, a sobrenatural interpretación da Quvenzhané Wallis, cos seus xogos, as escoitas interiores, os animais, fan latexar o corazón, con talento e brilantez. O filme nunca asinte o xeito de fábula, quizais polas súas intermitencias, que fan do seu percorrido, unha viaxe iso si, fantástica que, ao iguual que Terrence Malick en “The Tree of Life”, Zeitlin xunta o feito particular e local, aos grandes movementos da vida.

FILMOGRAFÍA

  • Longametraxes

Beast of southern wild (Bestas do sur salvaxe) 2012.

  • Curtametraxes

Glory at sea (2008)

The Origins of Electricity (2006)

Get Wet (2005)

Egg (2005)

Enlaces:
http://en.wikipedia.org/wiki/Benh_Zeitlin
http://www.newyorker.com/online/blogs/culture/2012/06/beasts-of-the-southern-wild.html
 
Valoración e filmes:
http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=Benh+Zeitlin

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s