Paul Thomas Anderson

Director, guionista e produtor norteamericano ( L.A. 26/06/1970), catalogado como o neno prodixio (American Film Institute). Os seu incios comenzan xa en secundaria, cun breve documental satírico “The Dirk Diggler Story” (1988), acerca dun mozo estrela porno (inspirado por John Holmes, quen máis adiante tamén serviría como principal inspiración para “Boogie Nights”, e catapulta da súa carreira).

Logo de realizar varios traballos para a televisión (telefilmes, shows, videoclips) realiza unha curta metraxe “Cigarettes and coffe” (1993) -non confundir co filme “Coffe and cigarettes” (2003) de Jim Jarmusch- onde se retrataba en cinco viñetas o ambiente nunha cafetaría; curta que recibíu enormes eloxios e loubanzas no festival de Sundance.

Paul-Thomas-Anderson

Despois dun dos mellores retratos da industria pornográfica (“Boogie Nights”,1997), realiza “Magnolia”(1999), un peculiar relato de historias cruzadas, que gaña varias nominacións e premios, dos que destaca o Oso de ouro no Festival de Berlin.

Antes de estrear “The Master”, Anderson, tratou dos escándalos petrolíferos durante a administración Harding, describindo en “There Will Be Blood” (Pozos de ambición, 2007) un detallado retrato do desenvolvemento da industria petrolífera no Sur de California. A sona do filme, con Óscar incluído a Daniel Day Lewis como mellor actor protagonista e a Paul Dano como actor de reparto, fixeron que reventara as taquillas.

Anderson caraterízase por facer filmes con reparticións corais e historias entrelazadas dunha elevada complexidade, como é o caso de Boogie Nights (1997) e Magnolia (1999).

Forma parte da primeira xeración dos “directores de videocasete”, directores como Quentin Tarantino, Richard Linklater e Kevin Smith que creceron vendo centos e centos de películas en vídeo, e teñen un saber case enciclopédico da técnica e as referencias culturais. Temas como as relacións familiares, o destino, a predestinación amorosa e o papel dos medios de comunicación na vida actual tamén son recorrentes na súa obra.

FILMOGRAFÍA (como director e guionista)

  •  Longametraxes

Sydney (1996)

Boogie Nights (1997)

Magnolia (1999)

Punch-Drunk Love (Embriagado de amor) (2002)

There Will Be Blood (Pozos de ambición) (2007)

The Master (2012)

  • Curtametraxes

The Dirk Diggler Story (1987)

Cigarettes and Coffee (1993)

Flagpole Special (1998)

Couch (2002)

  • Videoclips

Try de Michael Penn (1997)

Across the Universe de Fiona Apple (1998)

Fast as You Can de Fiona Apple (1999)

Save Me de Aimee Mann (1999)

Limp de Fiona Apple (2000)

Paper Bag de Fiona Apple (2000)

Here We Go de Jon Brion (2002)

Enlaces

http://es.wikipedia.org/wiki/Paul_Thomas_Anderson

Valoración filmes

http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=Paul+Thomas+Anderson

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s