Paolo e Vittorio Taviani

Paolo Taviani (8/11/1931)e Vittorio Taviani (20/09/1929) nacidos en San Miniato dei Pisa, Italia, son dous directores de cine fortemente politizados, influídos sobre todo por Roberto Rossellini, levan traballando toda a súa vida como escritores, directores e produtores de todas as súas obras.

Vittorio estudou dereito na Universidade de Pisa, onde dous anos máis tarde o acompañou Paolo, que se abocou ás Belas Artes. Xuntos envorcáronse ao cine tras o impacto que lles produciu “Paisà” (“Camarada”, 1946 ), de Rossellini, que viron a pouco da súa estrea en 1946.

irmans-tavianiOs seus inicios do cine, marcados pola súa militancia política no PCI, aínda que alonxados do panfletismo político, posto que critican -incluso- as posturas da esquerda, son auténticos mosaicos de vida. Coescribiron e dirixiron varios curtas e un documental, L’Italia non è un paese povero (1960), financiado pola compañía estatal de petróleo, ENI. Censurada pola produtora polas cruas imaxes da miseria da clase obreira, o corte orixinal considerouse perdido por moito tempo, ata que en 1999 Tinto Brass, quen fora axudante de dirección na obra, deu ao público a única copia remanente do positivado orixinal, que gardara.

Coa experiencia adquirida, en 1962 filmaron o seu primeiro longo de ficción, “Un uomo dá bruciare” (Hai que quemar a un home, 1962, -Mercurio films-), sobre o conflito entre un activista siciliano polos dereitos do traballador e a Mafia, aliada aos intereses do goberno e os terratenentes locais. O tema dos conflitos obreiros, dende a perspectiva sobre todo marxista da loita de clases, constituiría un dos eixes da súa obra, desenvolvido en varios filmes máis nos anos seguintes.

Sovversivi-1967-tavianiHai un filme inédito en España; “Soversivi” (1967)que é a chave a unha tetraloxía, que os Taviani edifican con paciencia de artesán minucioso, ao longo de nove anos e na que afondan nesta busca persoal e sobre todo en as consecuencias dos actos. A Historía comeza no funeral do secretario do PCI -Michele Nicola Togliatti-, e afonda nas relacións persoais de miltantes do partido, o lesbianismo, e a crise das ideoloxías.

San Michele aveva un galo” (1971) -inédita tamén en España-, é unha persoal adaptación da novela de León Tolstoi: O divino e o humano, na cal, os Taviani reflexionan sobre a utopía. A sociedade xa evolucionou, pero os homes non son felices, non están satisfeitos coa repartición dos bens. Aquel territorio virxe, que era para todos, creou de novo monstros. Hai homes libres e homes presos, hai homes ricos e homes pobres.

Precisamente da utopía, dos sacrificios revolucionarios, abordan en 1973 a produción máis custosa, “Allonsanfan” (1973) -Bocaccio distribuccións- , ambientada nas Guerras Napoleónicas, con Marcello Mastroianni no papel dun aristócrata volto líder dunha sociedade secreta e logo de novo aristócrata cos vaivéns da situación política, e o conflito cos seus antigos camaradas.

O éxito internacional chegaríalles en 1977, coa filmación de “Padre Padrone” -Cineteca-, a brutal historia dun opresivo pai campesiño e o seu fillo, ao que educa para o seu sucesor, arrancándoo da educación primaria para que pastoree as ovellas da familia. De dureza conmovedora, especialmente na primeira parte, e innovadora no uso do son, Padre Padrone arrasou cos premios no Festival de Cannes, gañando a Palma de Ouro e o premio de FIPRESCI.

Din os Taviani, sobre o filme; “ Pai padrone responde á necesidade que tiñamos de darlle forma a ese futuro que estaba por conquistarse en Allonsanfan, unha vez que o presente era negado drasticamente”.

a-noite-de-san-lorenzoA esencia característica dos Taviani, é a fábula, cunha sensación de romanticismo, sen esquecer esceas crudas e reais. “Os filmes fanse cos recordos da xente”. Precisamente, ese recordo, fai inesquecible unha escea mitolóxica para a historia do cinema universal en “La notte di San Lorenzo” (La noche de san Lorenzo, 1982, -José Esteban Alenda; 35 mm, e S.A. V. S.A. Video-) reflexión sobre os límites dos homes en condicións de violencia e miseria, que implacablemente representan na secuencia dun trigal, onde de improviso os camisas negras e un grupo de partisáns, levan a máxima crueldade á retina do espectador. O filme, gañou o gran premio do xurado de Cannes, e 5 premios Donatello.

Con “Kaos” (1984) fai un percorrido sobre varios relatos de Pirandello, e “Good morning, Babylon (1987) reflexionan sobre o cine, onde tentan tender pontes ao espectador, comenzan unha especie de repaso á súa carreira. Estos dous filmes parecen buscar a espiritualidade, non no sentido dogmático, xa que son ateos do mesmo xeito que Passolini, se non como unha profundización nas buscas internas do individuo. Esa busca, e esa ponte entre o cine de autor, con certas concesións ao espectador, está plenamente definida con “César debe morire” (César debe morrer, 2012, Golem), artellando un relato de mirada limpa, e enfrontado as buscas do individuo, como así sempre se constrúe, a vida de nós mesmos; así, como si dun espello se tratara.

FILMOGRAFÍA

San Miniato, luglio ’44 (1954)

L’Italia non è un paese povero (1960)

Un uomo da bruciare (HaI que quemar a un home) (1962)

I fuorilegge del matrimonio (1963)

I sovversivi (1967)

Sotto il segno dello scorpione (1969)

San Michele aveva un gallo (Non estou só) (1972)

Allonsanfan (1973)

Padre padrone (1977)

Il prato (1979)

La notte di San Lorenzo (A noite de San Lorenzo) (1982)

Kaos (1984)

Good Morning, Babilonia (Bos días, Babilonia) (1987)

Il sole anche di notte (1990)

Fiorile (1993)

As afinidades electivas (1996)

Tu ridi (1998)

Un altro mondo è possibile (2001)

Resurrezione (2001), para TV

Luisa Sanfelice (2004), para TV

La masseria delle allodole (O destino de Nunik) (2007)

Enlaces

http://es.wikipedia.org/wiki/Taviani_(hermanos)

http://it.wikipedia.org/wiki/I_sovversivi

http://www.marcellabencivenni.com/php/book.php

http://www.festivaldecineitalianodemadrid.com/downloads/el_cine_como_acto_de_pureza.pdf

Valoración e filmes:

http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=taviani

Deixar un comentario