François Ozon

Tildado por algúns como o neno rebelde do cine galo, (outros sen embargo, o comparan como o Almodóvar francés) François Ozon ( París; 15/11/1967 ) é un diplomado en estudios cinematográficos que ten dirixido numerosos filmes, en toda clase de estilos e formatos. A sú marca característica é o humor satírico, inxenioso, e sobre todo un peculiar punto de vista sobre a sexualidade humana.

FranÇois-Ozon

Da súa filmografía, caben destacar; “La petite mort”(1995), curta que indaga na homosexualidade (que repetiría coa longa “Gotas de auga enriba de cantos quentes” (1999), “Mirando ao mar” (1997), “Sitcom”(1998) e “Amantes criminais” (1999), que gañou o premio ao mellor guión no Festival Internacional de Cine de Sitges

Outros títulos que afondan na súa excelencia; “Swiming pool” (2003) “Angel” (2007), “Potiche” (2010), e a premiada no Festival de San Sebastian 2012, coa cuncha de ouro, ao mellor filme e guión; “Na casa” 

Como curiosidade, a comedia “Potiche”, que trata sobre a guerra de sexos, inspirouse nas eleccións presidenciais francesas entre Nicolas Sarkozy e Segolene Royale.

Sobre NA CASA (2012)

O que me gustou da obra de Juan Mayorga -explica Ozon, no Festival de San Sebastian- é que me permitía meterme dentro e tocar temas profundos, intelectuais e filosóficos, pero cun ton lúdico. E convertelo en entretemento”.

Ozon non coñeceu a Mayorga en persoa ata o festival de San Sebastián. O dramaturgo, convencido do que “o espectáculo é do director” déralle carta branca. “Dende logo síntome como un alumno ao lado do Juan”, chancea Ozon. “Eu son un contacontos. Nada máis. El teno todo, sabe contar historias e é un intelectual

Sobre NOVIÑA E BONITA (2013)

(Por que puta?) “As cousas suceden, o/a espectador/a xa chegará as súas  conclusións. “Gústame plantexar preguntas, aínda que non as conteste. Ás veces nin siquera sabería facelo. Non teño todas as respostas, nin tampouco podo dar unha resposta nunha película”.

Enlaces:

http://www.abc.es/20121109/cultura-cine/abci-francois-ozon-francia-tenemos-201211081838.html

http://www.rtve.es/noticias/20121108/francois-ozon-publico-tonto/573910.shtml

http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/06/actualidad/1394135508_874273.html

Valoración e Filmografia

http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=Fran%E7ois+Ozon

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s