Andrei Zvyagintsev

O director ruso Andrei Zviáguintsev ( Novosibirsk, 6/02/1964 ), principiou a súa carreira como actor de teatro. Tamén traballou de extra en series de televisión.

A súa primeira película, “Vozvrashchenie” (O regreso, 2003), obtivó sona internacional e recibíu numerosos premios, incluidos o León de Ouro e o Premio Luigi de Laurentis á mellor Ópera prima do Festival Internacional de Cine de Venecia, o Premio Fassbinder á mellor película revelación dos Premios do Cine Europeo, e o premio especial do xurado no FICXIXÓN 2003.

A súa segunda película, Izgnanie (O desterro-, 2007), presentouse no Festival Internacional de Cine de Cannes, onde recibíu o premio ao mellor actor (Konstantín Lavrónenko)

O filme “Elena” (2011), aparte do premio especial do xurado “Un certain regarde” do Festival de Cannes, o consolida como un director pouco compracente, moi cerebral e altamente inquetante. O seu estilo espartano recorda ao polaco Krzysztof Kieślowski, ou mesmo a Bresson, Chabrol, ou os irmáns Dardenne. As suas reflexións son existencialistas, cun pesimimismo antropolóxico que cuestiona a viabilidade do humanismo na sociedade actual (Tema que Michael Haneke, tamén o aborda no filme “Amour”).

Zviáguintsev esforzase en fuxir da actualidade, de borrar as fronteiras entre o espazo tempo. A importancia esta no “microcosmos mitolóxico”, como di o crítico Andréi Plajov, “no cal se permiten as xeneralizacións arriscadas e os símbolos”. Símbolos, que lembremos, nos dirixen irremediablemente ao director ruso Andréi Tarkovski. Hai outra característica, destacable común do cine ruso; a natureza. (enténdase a natureza como medio ambiente, e como profundización do individuo)

Como curiosidade, aparte de recoñecer a súa influencia (Tarkovski), comparten inicios semellantes, ao gañar o león de ouro coa súas óperas primas. No caso de Tarkovski, foi en 1962 con “A infancia de Iván”.

FILMOGRAFÍA

O cuarto oscuro (2000), Serie de TV

Vozvrashchenie (O regreso), 2003

Izgnanie (O desterro), 2007

New York, I Love You, 2008

Elena, 2011

andrei-zvyangistev

A FRASE

O cine artístico É como unha estraña ou marabillosa invención, é imprescindible para que o espectador poida espertar do cativerio da estupidez ao que todos estamos sometidos“.

A. Zviáguintsev, Xornal ‘Novie Izvestia”.

Enlaces:

http://rusiahoy.com/articles/2012/06/16/el_cine_de_autor_ruso_gana_terreno_internacional_17522.html

http://los35milimetros.com/2012/07/02/pelicula-del-mes-elena-de-andrei-zvyagintsev/

http://www.notodo.com/cine/3780_elena_andrei_zvyagintsev.html

Valoración filmes:

http://www.filmaffinity.com/es/search.php?stype=director&stext=Andrei+Zvyagintsev

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s