Resumo do ano 2012

No ano 2012, só ou acompañado de colaboracións; o cineclube proxectou 37 filmes.

Destacan especialmente “Un deus salvaxe” de Roman Polanski con 471 espectadores,  “Nader e Simin, unha separación” 442, e “A árbore da vida” con 406 espectadores.

grafica_espectadores_2012_Cineclube Padre Feijoo

Incrementouse, co mesmo número de filmes con respecto ao ano pasado, un 37% máis de asistencia de espectadores.

Sen embargo, a pesar de disminuir as axudas municipais (por segundo ano consecutivo, máis de un 25%) o prezo das cotas mantívose invariable, a pesar tamén da suba espectacular do IVE, e da política dalgunha distribuídora de subir o prezo de aluguer dos seus filmes (por iso este ano que ven, seguramente non proxectaremos L´Amour de Haneke)

Este é un resumo visual, do que vimos neste ano que remata:

En cifras, aqui tedes todos os datos:

  • Núm. Espectadores por filme:

Melancolía (260), O neno da bicicleta (366), A árbore da vida (406), Habemus Papam (310), Four Lions (319), Il Divo (218), Tournee (278), Nader e simin…(442), Le Havre (384), Pequenas mentiras…(346), Un deus salvaxe (471), HappyThankYouMorePlease (329), Winter´s Bone (275), Another earth (238), Somewhere (324), Shame (327), Declaración de guerra (193), Canino (168), Cirkus-Columbia (175), Cinema na praza (700 aprox.), Proxeccións de Mêliês e Chomón en “A Bela Auria” (100), O ilusionista (179), Polo con ameixas (233), O último vals (205), The devil and daniel johonston (129), Let´s get lost (130), Marxes fílmicas en Ribadavia (120), RAF Facción do exército vermello (105), As neves do kilimanxaro (199), e Filme sorpresa, opción 2 (comedia); Buscando un bico a medianoite (173)

  • Por filmografías, se proxectaron co-produccións de 60 países:

Francia (13), España (13), EE.UU (9), Reino Unido (5), Alemaña (4), Italia (3), Grecia (3),  Bélxica (2), e (1) de cadaún dos países que siguen; Dinamarca, Suecia, Polonia, Finlandia, Bosnia-Hezergovina, Irán, Eslovenia e Serbia.

  • Os 37 filmes proxectados,  foron premiados en 58 festivais

Aparte dos ciclos adicado a Cannes e Sundance, destacan directores e directoras premiadas, como Lars Von Trier, os irmáns Dardenne, Terrence Malick, Nanni Moretti, Paolo Sorretino, Roman Polanski, Aki Kaurismäki, Martin Scorsese, Robert Guédiguian,…xunto con outros e outras máis noveis, como; Sofia Coppola, Steve McQueen, Giorgios Lanthinos, ou a ourensán María Ruido (marxes fílmicas en Ribadavia).

  • O tráfico vía web, foi de 21.000 visitas.

Inexplicablemente, temos seguidores de Irán e os Estados Unidos. Máis normal, que teñamos un alto número de España e Brasil.

Un 35% acude as sesións con bastante regularidade, e un 22,5% o fai sempre.

A valoración da difusión publicitaria das proxeccións, é valorada de xeito notable polo 53,85%, sendo un 28,21% que a califica de sobresaínte.

En canto a valoración do material formativo (fichas de sala) un 44,74% as valora coa máxima nota, non existindo ningún porcentaxe negativo.

A valoración de horarios e datas (lémbrese, que a partir de febreiro, incrementouse unha sesión, para liberar o aforo das 20:30) é notable cun 25,64%, e sobresaínte cun 71,79%.

Na valoración dos filmes (entre xaneiro-maio), os filmes máis valorados son “Nader e Simin, unha separación” e “Melancolía” cun 56% que lle deron a máxima nota.

Síguenlle con altas puntuacións “Another earth” (50%), “Pequenas mentiras…”(42,31%), “O neno da bicicleta” (41,67%) e “Le Havre” (40%). Pola contra, só existe un filme “floxo” para as puntuacións recibidas, que é “Somewhere” cun (5,26%) mala, (31,58%) que a calificaron de regular, outro (31,48%) de boa, un (23,2%) de notable, e tan só un (5,26%) de sobresaínte.

O filme que máis división de opinións criou, foi “Canino”, con porcentaxes baixos (11,1% mala e 11,1 floxa) e altos (38,89 notable e 33,33 sobresaínte), e sendo o intermedio -regular- moi baixo (5,56%).

Por último, aparte dos mércores (día habitual das proxeccións), o público valora positivamente por esta orde, outro día alternativo:

Luns (33,3%), martes (15,5%), xoves (12,2%), venres (24,24%) e fin de semana (15,5%).

No apartado de suxestións e petición de melloras, para o ano que ven, tomamos nota en:

Mellorar a comunicación nas redes sociais (10,53%), contidos e deseño do blog (26,32%), prezos (0%), outra programación (15,79%), outra ubicación das proxeccións (5,26%) e outras (42%) -que lamentable descoñecemos, poque ningúen as aportou polo correo electrónico-

CONSIDERACIÓNS FINAIS, OU EPÍLOGO DE DECEMBRO.

Gratamente, semana tras semana, o público apoíou a actividade realizada, e ano tras ano, se suman cada vez máis espectadores. Sen embargo, á hora de facer balance, coincide que debamos resaltar os catro anos difíciles, que levamos pelexando coas Administracións públicas para non deixalo todo.

A Xunta de Galicia, que financia á Federación de cineclubes, e posteriormente se traslada aos cineclubes, cada ano que comeza, e  comezar de cero, sen saber se tes que pechar a porta en xaneiro, febreiro, maio,…

No último suspiro do ano, a Concellaría de cultura do Concello de Ourense, ven a disminuir de novo a axuda (1), sen unha explicación razoable. (Mentras incrementa considerablemente as subvencións ás Federacións veciñais, das que distinguimos pola indecencia á  Limiar (que acostuman a gastar os cartos en impoñerse medallas e insignias douradas entres eles).

En canto á industria, unha das distribuidoras máis importantes (polo seu catálogo) ven de comunicar un importante medre nas súas tarifas, que sumado ao IVE (do 8 ao 21%), que nos obrigaría en correspondencia a subir 0,84 cts. a cota de entrada, suman factores intranquilizadores ao que se poida facer no ano que ven (2013), que como dato salientable, diremos que tan só quedan 7 anos para o 50 aniversario do cineclube ( e xa estamos a traballar nesa data).

—–

(1) xustificacion ccpf da  subvención municipal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s