Adianto de setembro, outubro e novembro

Para a nova témpada (estreando novas colaboracións) temos previsto comenzala, o vindeiro 29 de setembro, dentro das actividades de A Bela Auria.

Será unha sesión de curtas mudas, de George Meliés (“Viaxe á Lúa” e “O demo negro”) e de Segundo Chomón (“O hotel eléctrico” e “Excursión á Lúa”), musicadas ao piano, por Inma Fernández.

Esta actividade é unha colaboración do Cineclube coa citada asociación, polo que podedes consultar os detalles da programación de todas as actividades na súa web.

.

En canto ao mes de outubro, chega cargado de cousas; temos pechado un ciclo de dous filmes, coas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, e outro co Café Pop Torgal, dentro da súa habitual programación de American Autumm.

Tamén, o 27-28 de Outubro, acudiremos a Lugo, aos encontros de cineclubes, que organiza o Clube Cultural Valle Inclán e a Federación de Cineclubes de Galicia.

Como sempre, podedes seguir a participar na presentación dos filmes, e esa participación vaise ver recompensada, dado que entre todos e todas os que foron pasando e virán neste ano, -ata mediados de  outubro- podedes elexir un filme que comporá a programación do Cineclube.

Do mesmo xeito, habilitaremos algún tipo de ferramenta, para que o público que asistíu e asiste, poida elexir outro filme, que seguramente, se poderá ver en novembro.

.

Precisamente novembro este ano, coa celebración do Festival de cine internacional de Ourense (OUFF) na primeira semana, posibilita a oportunidade de mirar  ++++ cine, para tomarnos un descanso na semana posterior, e rematar a programación deste ano, cos 2 filmes; un elexido polo público asistente no 2011, e o outro polos que participaron na presentación dos filmes.

Mais esta non será a única actividade deste mes, porque paralelamente en Ribadavia, o Cineclube estrea colaboración co Museo etnográfico de Ribadavia, para proxectar un ciclo que titulamos “Marxes fílmicas”, composto por pezas do Colectivo Los Hijos (Madrid) e María Ruido (Ourense) 

——–

(Lamentamos nesta ocasión por dificultades técnicas, non ter video con adianto da programación)

Podedes descargar aqui;  folleto web out12 |

Deixar un comentario