Consolídase a programación do Cineclube Padre Feijóo + OUFF

O público de Ourense está a apoiar a oferta de cine alternativo e de calidade que organizan o Cineclube Padre Feijóo e o Festival de cine (OUFF)  baixo o nome xenérico de +CINE.

No mes que pechamos, un total de 1.921 espectadores acudiron ás proxeccións do Marzo Francés (unha media de 384 por sesión), sendo UN DEUS SALVAXE  de Polanski a máis exitosa con preto de cincocentas butacas cubertas seguida moi de preto pola iraniana Nader e Simin, organizada para o Día Internacional das Mulleres.

 

 

 
A cita de todos os mércores,  vai gañando adeptos co avance do ano, do mesmo xeito que se vai consolidando un público específico de cada un dos tres pases.  A sala 5 do Cinebox, a de maior capacidade do recinto, colga o cartaz de completo todos os días para as 20:30h, o que está levando cada vez a máis xente a elixir o das 23:00h e, cada vez máis, o das 18:00h.  (Como mostra, este último mércores, cando se bateu o récord de asistentes nese tramo horario, con 127)

 

Ao datos do mes de marzo hai que engadir, igualmente, o ciclo Idade das Mulleres, organizado conxuntamente coa Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, e no que se proxectaron as películas Señora de (Patricia Ferreira), Blog (Elena Trapé) e Elsa & Fred (Marco Carnevale) nos centros cívicos de A Ponte, A Cuña e Colón, respectivamente, cunha asistenza que rondou o cento de espectadores (“maioría mulleres, moi poucos homes”, lamentan)

 

A excelente resposta do público, reconforta, e  fortalece a alianza estratéxica de OUFF e de Cineclube, que xa traballan na programación dos vindeiros meses.
No que respecta ao máis inmediato, o ciclo de +CINE Abril amosará películas de corte independente americano, todas elas gañadoras de diferentes galardóns (premio do público, gran premio do xurado, mellor guión…) no prestixioso Festival de Sundance. Así, poderemos ver en Ourense os filmes Happythankyoumoreplease (Josh Radnor), o 11 de abril, Winter’s Bone (Debra Granik), o 18, e Another Earth (Mike Cahill), o 25.
—————————————————————————————————————————————
Aqui esta o tráiler, que adianta a programación: v29812314M96YRgJk

————————————————————————————————————————————————————————————

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s