Eric Rohmer

Morreu o pasado luns, (11/01/10) un eminente observador dos códigos da sociedade moderna e do amor; Jean-Marie Maurice Scherer, ou Gilbert Cordier . Talvez sexa máis coñecido por Eric Rohmer.

Defensor do clasicismo de Hollywood, foi, xunto con Truffaut, un fervente admirador de Alfred Hitchcock e de Eric Von Strohein – do que tomou un dos seus nomes- . Convertíuse tamén nun dos cineastas da Nouvelle Vague, xunto con Claude Chabrol, Francois Truffaut, Jean-Luc Godard, Jacques Rivette, Alain Resnais, etc.

Ensinou literatura antes de consagrarse á crítica cinematográfica, sobre todo nas páxinas da revista “Cahiers du cinéma”, que marcou a varias xeracións do mundo enteiro.

Privilexiaba os temas cotidiás, incluso eran utilizados como recursos nos seus guións; Por exemplo, no medio dunha conversa entre amigos, para desfacerse dun deles na escea, bastaba con que chegara un carteiro cun telegrama, para quitar de enmedio a un deles -sen que elo dera inicio a unha nova trama-.

O cineclube Padre Feijoo proxectou varios filmes; O contos da estacións (Inverno, primavera, outono e verán) , “Pauline na praia”, “O alcalde, a árbore e a mediateca”, rematando coa última “o romance de astrea e celadón” (o máis floxo de todos)

Co “Raio verde” gañou en 1986 o León de venezia, aínda que antes xa fora nominado ao óscar e recoñecido (1967) no festival de cine de Berlin con premios a “A coleccionista”.

Gostaba de traballar cos mismos colaboradores, entre os que destaca o español Néstor Almendros na fotografia.

Amaba a natureza, fundou unha granza de cervos no seu pobo e era aficionado ao cristianismo e ao conservadurismo político, sen que destacara en pequenos atisbos nos seus filmes a través dos seus personaxes das case 40 filmes que fixo en corenta anos de carreira, casualidades da vida! Igual que o cineclube…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s