É o cine superior á vida?

Hai vidas, que preludian unha auténtica historia, e as historias dun rapaz con pai anónimo e nai fuxida con destino ás estacións fugaces do amor furtivo, do adoleceste FRANÇOIS TRUFFAUT levaron a súa vida adiante, con nervo inicial indisciplinado, e coa liturxia apaixoada  da arte literaria e a cinematográfica.

Esquenceu os seus problemas legais ao quente dos primeiros cineclubes, onde  coñecidos influíntes como Hitchcock, Renoir, Bazín, e Cocteau alumean as suas esperanzas de ver a vida en pantalla grande.

O seu atrevimento como crítico en Cahiers du Cinéma (publica Una certa tendencia do cine francés), onde critica aos guionistas, productores e directores do rancio celuloide galo. Catro anos depois, despois de duas curtas, en 1958, estrea Os catrocientos golpes, que adica a un Bazin morto desde o día en comezou a rodaxe. Este filme, é demoledor, e en certa media un retrato da sua infancia. O protagonista convírtese no seu actor fetiche durante moitos anos, Jean Pierre Leaud e producen o renacimento do cine francés.

As loubanzas, provocan un estado anímico denominada coma nova ola (Nouvelle vague), e perseguida por Godard (Ao final da escapada) que escribe o propio Truffaut. Resnais fascina co seu Hiroshima mon amour e  mentras Doinel representa cos seus amorios a vida case paralela do propio Truffaut. Non perdan a terceira entrega desa saga iniciada cos Catrocentos golpes. O guión final de “Bicos roubados” é digno de lembrar.

Christine: Enfronte …….. hai un tipo moi raro. Non sei …. teño a impresión de que hai días que me sigue.
AntoineQuen será ese tipo?
Christine: Que sei eu?. Aí ven
Home misterioso: Señorita. Sei que non lle son de todo descoñecido. Fai tempo que a veño observando sen que se deé conta. Pero xa hai uns días que non tento ocultarme. E agora chegou o momento. Verá ……. Antes de coñecela a vostede, nunca amara a ninguén. Odio o provisional. Coñezo ben a vida. Sei que todos traicionan a todos.Mais o noso será diferente. Seremos un exemplo. Non nos separaremos nin unha hora. Eu non traballo, non teño obrigas na vida. Vostede será a miña única preocupación. Comprendo … Comprendo que isto é demasiado súbito para que acepte inmediatamente, e que antes desexa romper os lazos provisionais …. que a atan a persoas provisionais. Eu son o definitivo. Son moi feliz.

Sen embargo hai tamén outros filmes dignos de destacar, desde “Fahrenheit 451”, “Jules e Jim”, “O último metro”, “Disparen ao pianista”,…, incluindo a súa participación como actor en varios filmes, como por exemplo;  “Encontros na terceira fase” de Steven Spielberg. Tamén destaca como guionista, e escritor. (escribiu un libro de cine sobre Hitchcock)

Para rematar a primeira escena de “A noite americana”, verdadeiro homenaxe ao cine, que cuestiona sobre o cine e a vida real.

“O cine, a súa historia, o seu pasado e o seu presente, apréndese na cinemateca. Só se aprende alí. É unha aprendizaxe perpetua. Formo parte desas xentes que teñen necesidade de volver a ver sen parar os vellos filmes, os mudos, os primeiros falados. Paso a miña vida na Cinemateca, agás cando estou ocupado no meu propio rodaxe” (FranÇois Truffaut, Os filmes da miña vida-1976)

Máis información de F.Truffaut en castelán aqui

Agardámovos en novembro para seguir apredendo cine con vós, se vos apetece.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s