50 anos de «Con saias e ao tolo»

Samuel Wilder e IAL Diamond, asinaron fai 50 anos, unha das máis grandes comedias ácidas da historia do cine;  Some like it hot, que en España se traduciu como “Con faldas y a lo loco”, en Brasil “Quanto más quente mehlor”, en Arxentina e México “Una Eva y dos adanes”, ou en catalá “Ningú no  és perfecte”. (En galego, a galega a traduciu como o título deste post)

A comedia de Billy Wilder protagonizouna Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O’Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff.

O filme contén “homenaxes” a  diversas películas de gánsteres dos anos 1930 e  unha serie de “ironías” acerca da vida e cultura estadounidense do 1929: divorcios de famosos, a seguridade da bolsa (ese mismo ano se derruba, que casualidade) e a morte de Valentino.

A película, plantexaba varios problemas de concepción inicial. Wilder estaba preocupado pola súa  reputación. Creía que esta,  podería verse afectada se a cousa no saía ben, e o público e a industria vían a longametraxe como unha parva farsa. Tendo en conta que, a historia dun par de músicos, ameazados de morte, travestidos  para formar parte dunha orquestra femenina, era un risco a ter en conta. Así, o perigo que ninguén tomará  ‘en serio’ a cinta era tan evidente, que si Lemmon e Curtis aceptaron, foi realmente porque as súas carreiras pasaban por malos momentos.

Para paliar as posibilidades de  mofa (que non risa) decidiu  rodar en branco e negro. A cor da maquillaxe, facía máis evidente o travestismo, os rasgos masculinos ou as ridículas perrucas, que destacarían tanto, que sería inconcebible que a actriz protagonista puidera ser enganada.

As inevitables horas de maquillaxe, os continuos cambios de vestíario auguraban unha rodaxe complicada, ata que chegou Marilyn para convertilo todo nun inferno.  A rubia platino, sex simbol da década,  non estaba seducida cun filme que non utilizaba a cor. Mais as necesidades económicas obrigárona a aceptar. Wilder tirou de inxenio para adornar os motivos da falta de cor; ” Díxenlle que estaba moi fermosa, que o branco e negro é moito máis interesante ca cor”.

Marilyn ademáis, negouse a adelgazar a pesar das insistentes peticións de Wilder, e por iso luce rolliza e, todo hai que dicilo, deslumbrante.

Hai unha escea, no que Sugar (Marilyn)  entra na habitación de Geraldine e Josephine (J.Lemmon e T. Curtis),  e busca nos caixóns para preguntar; ” onde está o Bourbon?” – son, sí, catro palabras.

Despois de corenta tomas de “onde está el… whisky?” ou “onde está… a botella?”, Wilder escribiu a frase nun dos caixóns que tiña que mirar. Logo o escribiu en todos porque ela non lembraba en cal estaba escrito. Na toma sesenta e tantas Wilder, con gran paciencia di, para tranquilizarla, “non te preocupes, Marilyn, o conqueriremos”,  ao que contestou “Preocuparme?, por que?”. Curtis apostou que serían más de setenta tomas. Lemmon, sesenta e pico, e perdeu 15 dólares (a cifra final parece que foi 83).

Nadie é perfecto, non si? (Agás o brilante final)

Por certo, gañou un Oscar polo Mellor vestíario (Orry-Kelly) e foi nominada para o mellor actor (Jack Lemmon), mellor dirección de arte, mellor fotografía, e mellor director e guión.

A fonte deste post é do interesante libro ” Este rodaxe é a guerra” de Juan Tejero

One comment

  1. Pingback: Musas « A la tarde SER

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s