O que pasou no Playdoc 2009

Xa supoño estaredes ao tanto do palmarés (Inxusto nalgún caso) da última edición do Play-Doc. Eu destacaría a boa organización, o bo clima que acompañou, xunto coa comida e os amiguetes que nos xuntamos ao longo de 4 días. Desprezo o premio outorgado a Manuel y Elisa, porque -para min- había outro xusto gañador na sección de documentais galegos.

“Cantos Rodados” do ourensán Xoel Méndez, é un moi bo documental sobre un grupo de rock. Pero non é un máis, relata ademáis un emotiva historia sobre a integración das persoas na vida doutras persoas.

Houbo moitas sorpresas agradables, poñovos algúns exemplos:

“Un home na banda” relata a historia de varias persoas, que con diversos artiluxios forman unha banda. Divertido, aínda que ao final raíaba un pouco tanto ruido.

A lista pode continuar con Z-32, os traballos das seccións paralelas (Onde o Iraní protagonista da curta documental premiada (Cyanose) vendeu case todos os seus cadros.

De igual xeito, son destacables, os traballos dun americano (un pai coa sua filla de apenas catro anos) en  “Comenzando a filmar”, e dun británico perdido en Oriente en “Xapón unha historia de amor e odio” que amosa unha particular e inédita historia da sociedade xaponesa.

A longa documental gañadora, “Intimidades de Victor Hugo e Shakespeare”, foi un fermoso documental mexicano con sorpresa de guión.

En conclusión, un bo certame, que incluso nos agasallou cunha espléndida actuación de Uxía, e un videoclip “marciano” de Mario Iglesias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s