Para que sirve a AAG, o CGAI,o CGAC,…?

Na comunidade autónoma galega, -que non pode negar o seu bilingüismo actual, aínda que algúns o pien torticeiramente na rúa- existen un montón de institucións que semellan pasar desapercibidas.

Polo funcionamento desas institucións, nunca veremos a uns milleiros de persoas reclamar na rúa;  -Para que a Axencia do audiovisual galega (AAG), o Centro galego das artes e imaxe (CGAI) ou o Centro galego de arte contemporáneo (CGAC), fagan as súas actividades en Galicia!

Pola contra só o fan na central, ou localidade de referencia, que é a provincia de A Coruña. (Aos lectores desta última, e aos da Xunta, recomendo vivamente que pinchen no enlace  anterior de Galicia)

Tampouco seguro, veremos protestar polo incremento de orzamentos para arranxar igrexas, da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia (é igual este goberno co anterior), nin dos acordos de financiación da vicepresidenta do goberno español co estado creado por Mussolini (Vaticano).

Nin que dicir, do baixo volume das novas de radio,  prensa e televisión, con respecto ásn inxentes achegas de cartos e débedas perdoadas aos clubes de fútbol, nin dos agasallos que reciben. O Clube Deportivo Ourense (Con vestiarío de cor vermella e azul en homenaxe á visita de José Antonio, lider da falanxe á Ourense en tempos)  recibe da Xunta (Gratis o campo do couto e promesa de facer un novo), Concello e Diputación de Ourense (cen millóns anuais de pesetas cadaún). A S.S. e a facenda é, outro cantar, distinto dos autónomos e pequenos empresarios)

Vemos que non hai debate cultural, e  polo tanto semella, que debe ser algo intrínseco dos cineclubes; a reclamación perenne e calada, a través da Federación galega de cineclubes, que a programación do CGAI, se espalle polos cineclubes de Galicia. Deberíamos, temén empezar a reclamar sedes de proxección estables, pero co que temos…xa abonda, de problemas.

A actitude da Administración, sigue a centralizar os seus instrumentos, para desprezar á periferia.

Así, sen finaciación de infraestruturas (porque van todas para a maldita cidade contedor da cultura) obsérvase  como incluso nestes preludios de campaña, fardan de locais de ensaio (nSAIO! que non existe en Ourense), cineclubes pola rede ( flocos tv)  e cine co alcume de dixital ( DVD ) a conta da consellaría. Nin siquera a nivel do estado español, a cousa mellora, porque na nova lei do cine español, feita polo egocéntrico Sr. Molina (Co tempo terá, seguro, algún alcume relacionado coa SGAE) non aparecen para nada aos cineclubes.

Ou sexa, descoñecendo o medio de exhibición,-cheirado de lonxe nalgún triste festival-  se aposta pola distribución de contidos en rede (pagando -quen poida, e quen teña sorte de vivir no centro das cidades-) e pola distribución cinematográfica en mans das multinacionais, que xa sabemos… o que apostan polas obras europeas, españolas ou galegas. (senón que llo pregunten a Ignacio Vilar)

Que nos queda aos cineclubes ?

Suxiro algunhas das respostas escoitadas ao rematar as proxeccións, no ambigú da rúa. Pode anotar, a que crea máis convinte;

[ ] Pechamos e obrigamos ao millar de persoas que poidan estar interesadas en Ourense, a conectarse a rede (se teñen sorte e cartos para unha boa conexión)

[ ] Montamos unha manifestación, para ir á capital (Da igual Madrid que Santiago, o caso é viaxar)  a berrar

[ ] Exercemos o noso castigo, en prato frio, o vindeiro 1 de marzo.

[ ] Ninguna destas é preferible. Chamareire á consellaría e, vanme oir!

[ ] Xuntarnos á élite, e facer de cada actividade, unha estrea con alfombra vermella, carros de cabalos (que se chamen Audi ou BMW)  á porta, mojitos  e ticket de entrada a 30,50 ou 90 euros.

[ ] Non teño unha decisión tomada, pero, ai, se  Buñuel levantarán a cabeza!

[ ] Outras, (que non  maxinamos)

———————

Postdata; O debuxo animado, corresponde a unha lanterna máxica deste mágnifico blog; http://dibujoanimado.blogspot.com/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s