Slumdog o millonario

Aínda que non sei o título con que aparecerá aqui, (Supoño que para a primavera do ano que ven), hoxe quero chamar a atención dun filme que semella moi interesante;

Slumdog millionaire, conta a historia dun rapaz orfo;  Jamal, que vive nun dos barrios deprimidos de Mumbai (India). Con apenas 18 anos, esta a piques de experimentar o día máis grande da súa vida. Un día, no que un pais enteiro estará atento, para ver si responde a unha soa pregunta. Un resposta pode facerlle gañar vinte millóns de rupias. “Quen quere ser millonario?”

Talvez, antes de que chegue a estrearse, sorprenda do mesmo xeito que “Juno” o ano pasado, e teñamos que estar desexando vela. De momento, xa ten o premio do público do festival de Toronto, e se visitades o enlace do BFI, (que esta máis abaixo) poderedes ollar un trailer específico para o festival, con imaxes moi semellantes a “Cidade de deus” de Meirelles. Aínda que esta semellanza non debe levar ao engano, porque é unha comedia que deixa un mensaxe optimista. (polo que conta os indios que a viron;”…this movie embodies a universal message: triumph of the human spirit, integrity and karma”)

O director é Danny Boyle, o mesmo que fixo Trainspotting sobre o libro de Irvine Welsh, e pechou a gala de clausura BFI de Londres, con moi boa crítica.

(Por certo, menuda diferencia de web deste festival con este outro). A música do trailer é de -Great Dj- “The Ting Tings” e a súa web; (en inglés)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s