Crisis! (Filmes para enteder o que pasa)

A economía pode chegar a ser un asunto bastante abstracto e ata críptico en ocasións.

Quizáis o cine sexa unha boa forma de entender o que pasou directamente ou indirectamente.

Faremos un repaso sintético, dalgúns dos filmes reais e de ficción que, se poden visionar para tomar unha idea da situación.

Startup.com

A actual crise financeira ten a súa orixe noutra crise semellante, o derrumbe nas bolsas das empresas punto com (outra mostra de que a economía é unha cuestión de fe).

Despois do estallido da burbulla no 2000, a Reserva Federal estadounidense baixou a taxas de interese, o xérmolo de todo o acontecido.

Este documental de Chris Hegedus y Jehane Noujaim, sigue de cerca o nacimento, auxe e caida dunha empresa punto.com, cun insospeitado énfase na humanidade da parella protagonista.

Cinema verité do mellor,  un extraordinario documental.

9 de setembro de 2001

Hai varios filmes adicados, – ou que parten- ao ataque das torres de nova Iorque;

The Patch to 9/11: (O pedazo -golpe- do 9/11) Serie de televisión, baseada no informe elaborado polo Congreso sobre os ataques,  un pormenorizado reconto da cadea de acontecimientos que, arrancando coa ataque ao World Trade Center en 1993, culminaron no maior ataque terrorista da historia, e que desencadenaron o principio da crise inmobiliaria dos Estados Unidos.(Xérmolo tamén da crise global)

Dirixida por David L. Cunningham, a súa transmisión motivou unha gran polémica nos Estados Unidos, sendo diana dos ataques da dereita e a esquerda norteamericana.

Fahrenheit 9/11: Michael Moore, parte dunha  posición absolutamente partidista e subxetiva, traza con grandes toques de humor mordaz, a  súa propia interpretación dos acontecimientos do 9/11.

Adam Curtis

Adam Curtis, reputado catedrático de Oxford e documentalista da BBC, dirixiu duas obras a ter en conta:

The Power of the Nightmares, The Rise of the Politics of Fear: (O poder dos pesadelos, o incremento da política do medo) no que conta a orixe e a historia dos grandes fundamentalismos que chocaron o 11 de setembro; o islámico e o neoconservador que domina a administración Bush.

Ao mesmo tempo, desmonta os mecanismos que, baseados no medo, usan os políticos como forma de control social e desvela a verdade tras esa ficción chamada Al-Qada.

The Trap: What happened to our dreams of freedom:  (A trampa; que pasou coas nosas arelas de liberdade) Analiza a idea neoliberal de liberdade que impera nos nosos días. Partindo das investigacións de John Nash e as teorías de Von Hayek e Milton Friedman, pilares ideolóxicos das políticas económicas de Bush.

Curtis describe os postulados trala idea darwinista dun mundo no que só sobreviven os máis aptos. Como no mercado de valores.

Mayfair Set (EN): Análise dos grandes xerarcas corporativos e financeiros da élite británica, desde a su irrupción ata o seu desplome. Por certo, o capítulo tres ( Destroy the Technostructure) foi curiosamente censurado por Google video, pois a partir da metade non se pode ver.

  • Máis docs…

Enron, the Smartest Guys in the Room: Fala da supervivencia dos máis fortes entendida como filosofía xerencial, co mellor exemplo de escándalo financeiro americano.

Dirixido por Alex Gibney, amosa a vida empresarial que pon en práctica as ideas que Adam Curtis deconstrúe en The Trap. ¿resultado? Un mundo aterrador guiado só por tipos sen humanidade, movidos só por el fin último da obtención de beneficios económicos. Probablemente, trala actual crise, haxa persoaxes como os desta película.

The Corporation: Executivos patolóxicos, como os descritos por Gibney en Enron, probablemente produzan empresas e corporacións igualmente enfermas. Baseado no libro The Corporation: The Pathological Pursuit of Profit and Power de Joel Bakan e dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbott, The Corporation senta o mundo empresarial no diván do psiquiatra con resultados non menos aterradores.

A lista non remata, tan só citar algún máis por enriba; Surplus, Who Killed the Electric Car, de Robert Greenwald: “Irak For Sale” e “Walmart: The High Cost of The Low Price”, e “No End in Sight” e “The Shadow Company”. De Eugene Jarecki en “Wy Why We Fight”, no que desmonta o complexo sistema industrial, “Sicko” de Michael Moore…

  • Ficción

Wall Street: de Oliver Stone relata o rápido ascenso dun yuppie con pouca pacencia e menos escrúpulos, encarnado por Charlie Sheen, da man do deus da avaricia, un tiburón de Wall Street,o paradigma do home de negocios desalmado, Gordon Gekko cuxa interpretación mereceu un un Oscar para  Michael Douglas.

The Grapes of Wrath: (As uvas da ira) A magnitud da actual crise financeira só é comparable ao Crack bursátil do 29, que precipitou aos Estados Unidos na maior depresión económica de toda a súa historia. Clásico filme do malhumorado John Ford, que adaptou da novela de John Steinbeck.

Vicisitudes dunha familia de campesinos que sufre os efectos da Gran Depresión. (Bruce Springsteen, ten unha canción adicada ao protagonista da novela; Tom Joad)

It’s a wonderful life: (Que bello es vivir!) Considerada como a película de nadal por antonomasia, este clásico de Frank Capra é ao mesmo tempo un cuento moral sobre a avaricia e a ambición no mundo dos negocios bancarios.

Changing Lanes: (Cambio de camiños ou estreado como “Al límite de la verdad”) Entretido filme de Roger Michell,(2002). Debuxa a necesidade dunha ética e responsabilidade nos negocios, e as terribles consecuencias sociais que poden derivarse da intraxisencia á hora de abordar un conflito.

Samuel Jackson e Ben Affleck dan vida a dous homes embarcados nunha absurda espiral de violencia que moi ben podía evitarse actuando cun pouco de sentido común e comunicación.

Working Girl: de Mike Nichols,  casi  versión femenina de Wall Street.

PI: Claustrofóbica ópera prima de Darren Aronofsky, coas matemáticas e a paranoia como elementos dun thriller ambientado no mercado de valores… Sen mercado de valores…

La Corporación: de Costa-Gavras… terrible historia sobre o prescindibles que son as persoas para as corporaciones, e as extrañas reaccións que isto pode ocasionar nalgunhas persoas.

El Gran Salto: Dos irmáns Cohen. Historia das manipulacións entre directivos que xurden cando o xefe dunha multinacional se tira pola fiestra dun rascaceos. (Precisamente deixovos con esta en homenaxe a Paul Newman)

Chula a voz de Paul Newman, non si?

2 comments

  1. Pingback: Crisis « A la tarde SER
  2. Café Druida (@CafeDruida) · Outubro 9, 2012

    Pois non lle debeu gostar ao dono da conta de You Tube, que a cancelou (ou lle a cancelaron) polo quedei coas gañas de escoitar que molona era a voz de Newman😦

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s