Que veremos no OUFF 08?

Arriscando unha predicción, dous días antes da inauguración, esta é a miña impresión despois de procurar un pouco de información sobre o programa oficial.

Da sección de competición de longametraxes, hai que destacar tan só catro produccións:

Opium – Diary of a Madwoman“, e “The Lovebirds” que foron unhas das vencedoras da 28ª edición do Festival Internacional de Cinema do Porto (A selección deste ano foi considerada a melhor de sempre pola crítica e o público do festival)

Os “Periquitos” de Bruno Almeida (The Lovebirds), conta unha noite en Lisboa mediante seis historias cos aderezos de amor, paixón e soidade, protagonizada por prostitutas, boxeadores, ladróns…

De “Opium; diary of a Madwoman” de János Szász, (Hungria) só sei unha referencia dela ( premio tamén no Budapest film festival ); e que  conta o drama dun vello escritor nun asilo.

Destacaría tamén “Cidade do mundo” (Weltstadt) de Christian Klandt, premio ao mellor longametraxe no pasado festival de Berlin, e a descoñecida película, ”Eu son de Titov veles” (I am from Titov VELES) de Teona Strugra Mitevska, que trata sobre as relacións humanas e a contaminación medioambiental.

De todos os xeitos, sinceiramente dame a impresión que a presente edición é a máis frouxa que lembro. (Oxalla estee trabucado)

Dos ciclos temáticos, sen lugar a dúbidas prefiro o ciclo de longametraxes inéditas en Ourense, aínda que sempre merece a pena botar un ollo aos documentais.

A pesar das modestas recepcións colleitadas “Zavet” (Prométeme) de Emir Kusturica, promete -nunca mellor dito repetido- ser o mesmo de sempre, coma si iso non fora suficiente.

My Blueberry nights” Wong Khar Wai, cun reparto de luxo e a bo seguro mestura de sons e oníricas imaxes cheas de cor con cuidados planos e transicións, permite aventurar o cine habitual de Wong Khar Wai. (senón ollasteis 2046, xa estades a buscar)

“Princess of Nebraska” de Wayne Wang, aborda o drama do aborto, desde unha posición distante, silenciosa e hipnotizante como semella no adiantado tráiler.

Por último, e a día de hoxe, creo que a única sección competitiva, prometedora, é a dos documentais, con algunha excepción. Das referencias atopadas, e das críticas lidas nos seus paises de orixe, da exhibición noutros festivais, creo que “Must read after my dead” (Para leer tras a miña morte) de Morgan Dews, “Love and words” (Amor e verbas) de Sylvie Ballyoy e “Problemas komarite I drugi istorii” (O problema do mosquito e outras historias) de Andrey Paounov, -que ven de gañar o documenta Madrid, co mesmo traballo a competición en Ourense.

Da chea de curtas, unnhas poucas recomendacións-para non cansar-: “Alicja Wonderland”, “La rebelión de los pingüinos” (esta enteira no youtube, por si non tedes tempo) “Haze”, “Robin”, e a sorprendente “Da man da raiña vermella” (estreada no pasado festival de cans)

Se o meu olfato, non engana, non vaian a ver na sección de documentais “Microfilia“, de Nehoc Davis; da noxo o adianto atopado na súa web, e hai que ver o que din os chilenos que a viron para entender que, con tanta película nunha semana, hai que priorizar e, non perder o tempo. Si van,…estan avisados.

Programa do OUFF 08

2 comments

  1. Pingback: Que se pode ver no OUFF´08? « A la tarde SER
  2. salademaquinas · Outubro 22, 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s