Ambicións ou necesidades

Fai unhas semanas teño unha necesidade de ver bo cinema. A grella cinematográfica actual, e o descanso do cineclube, fagocitan os desexos de ver todo o palmarés de Cannes, Berlin…incluso, aproveito a oportunidade vespertina que ás veces fan as televisións para ver os grandes clásicos. O outro día, Cuatro emitiu “O planeta dos simios” para combatir á praia, a sesta, o calor…ou todo á vez. En calquera caso prefiro ese horario que ás tres da maña.

De esa necesidade, e de paso, ao ler o artigo sobre a actuación de Leonard Cohén no FIB (Festival internacional de Benicássin) teño a ambición de proxectar un descoñecido clásico moderno ao ar libre, o fermoso documental “I´m your man” de Lian Luson. De momento o cineclube non ten infraestrutura, mais todo se andará.

Doutro clásico e Talvez, polos ardores climáticos e hormonais da época, lembro os “Bicos roubados”  (que xa ten 40 anos) de FranÇois Truffaut, e o marabilloso diálogo final, que ben pode utilizarse na discoteca, na piscina ou nos ambientes que o espectador precise, para incitar unha nova relación, polo menos sorprendente.

-“Señorita, sei que non lle son de todo descoñecido. Fai tempo que a veño observando sen que se dee conta, mais desde fai uns días nin intento ocultarme. E agora chegou o momento. Verá,… antes de coñecela, nunca amei a ninguén. Odio o provisional. Coñezo ben a vida. Sei que todos traicionan a todos, porén o noso será diferente. Seremos un exemplo. Non nos separaremos nin unha hora. Eu non traballo,  nin teño obrigacións na vida. Vostede será a miña única preocupación. Comprendo que esto é demasiado súbito para que acepte inmediatamente e que antes desexa romper os lazos provisionais que a atan a personas provisionais. Eu son o definitivo. […] Son moi feliz.”

A que impacta, non si? senón te toman por tolo, ligas seguro.

Xa vos contarei como me vai. Bicos e bo setembro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s