A la tarde SER!

Desde fai tres semanas máis ou menos, o que suscribe fai unha colaboración semanal no programa de radio Ourense (1584,00 MW, Cadena SER) de sete e cuarto a oito menos, todos os xoves.
A continuación transcribo parte do guión que teño preparado para un día como hoxe cunha pequena reportaxe en mp3 do filme “A escafandra e a volvoreta” de Julian Schnabel.

(O progama comenza cun repaso de acontecimentos) Un 24 de abril como hoxe, naceu en 1896, o pallaso Charlie Rivel.

Contan que… unha das anécdotas máis entrañables, é cando… nunha actuación, entrou na pista do vello Circo Price -supoño- e un meniño choraba sen cesar (probablemente era a primeira vez que via a un pallaso). Charlie non podía empezar a súa actuación, posto que o público estaba máis pendente do escandaloso pranto do neno que del.
Entón, Charlie achegouse con cautela cara ao neno para facerlle un aloumiño e tentar calmalo, mais o efecto foi o contrario; e o rapaz comenzou a chorar aínda con máis forza, entre as risas medio divertidas e tenras do público adulto.
Rivel profundamente coñecedor da psicoloxía infantil, retirouse cara o centro da pista e empezou tamén a chorar, desconsoladamente, e… solidariamente. Con iso bastou. O neno calou no acto, cun ollos abertos como laranxas pola sorpresa de atopar a aquel ser vermello e ameazador que sabía expresar tamén coa súa mesma linguaxe tan trasparente e directa; o pranto.
Rivel continuou chorando… “Uuuuuuuh”  …achegouse ata o neno, xa calmado, e mirandoo electrizado, á criatura sacouse a chupeta da boca e deullo a Charlie, nun acto de solidaridade primixénea. O pranto de Rivel estinguíuse e o público arrincou en aplausos. O pallaso apcetou o ofrecimento do neno, e hoxe, aquela chupeta histórica conservase entre as vitrinas del Museo Charlie Rivel de Cubelles, na provincia de Barcelona.

Ese neno podía ser moi ben Federico Fellini, porque na primeira función de circo que viu na súa vida sentiuse ilinuminado‘…como si de repente recoñecera pertenza a algo desde sempre e que era tamén  o seu futuro, traballo e a vida…’. Son moitas as referencias aos pallasos nos seus filmes; en ‘La Strada’, tres persoaxes circenses  involúcranse nunha historia desgarradoramente humana. Aparecen os escóndites, as luces, as viaxes de pobo en pobo, as músicas ensordecedoras do circo. Persoaxes con morriña, tenros, tolos, cunha inspiración bufonesca e surrealista propia do ‘Augusto’.
Hoxe en día perfectamente representados polo ireverente Leo Bassi, Dario Fo ou mesmo Buenafuente.
Fellini fixo en 1971 o filme Clows, no que homenaxeaba a Charlie Rivel e participaba o mítico Bario (Manrico Meschi), famoso polo seu simpático ‘Augusto’ : mendigo, borracho, infantil e ruidoso, gravou unhas palabras que logo a emoción non lle permitiu repetir en cámara: ‘…é bo para a saude facer de clown…por fin un pode facer todo o que quere: dar golpes contra todo, destrozar cousas, prenderlles lume, revolcarse polo chan, e ninguén te reta senón que todos aplauden…é un bo traballo, si se sabe facer se gaña tanto coma un funcionario ….por que os pais queren que os seus fillos sexan funcionarios e non clowns?…’

O pallaso é o espello do home. Dentro da sociedade institucionalizada, hai un lugar onde ‘os Augustos’ , os raros, os diferentes, son aplaudidos. Hai un lugar onde todos temos o noso pallaso fragmentado.
Fellini, un Augusto rebelde e visionario, atopou no cine a forma de facerse aplaudir. Abriu os seus filmes para interpretar o mundo de maneira distinta, sabendo que no circo existían os Augustos festexados polo público e nas rúas os rexeitados polo Clown Branco da normativa social.
O Circo, ao igual penso que certo teatro, nos reinterpreta, a arte nos salva, pero non a todos. Moitos ‘Augustos’ sen carpa nin arte, seguen a ser condeados polas súas diferenzas. Algúns se disfrazan de día e cargan coa escisión produto da hipocresía.

Ser Augusto é unha condición sen tregua e significa recuperar, a facultade infantil de vivir a fantasía coa mesma profundidade que a realidade.

-Por certo hoxe ás oito e media no teatro principal, co gallo da Miteu, representase unha obra de pallasos-

Falando de fantasía e realidade: O outro día sen apenas promoción, TVE programou en “versión española” (A 2) ” Las ala de la vida” de Toni Canet. O filme  era/é  moi recomendable de ver, e conta a vida de Carlos Cristos, médico vigués de atención primaria que, – pode que o escoitaran algunha vez na emisora Radio 5  (RNE) todo noticias na sección de medicina.- Cristos ten unha enfermidade dexenerativa e chama ao seu amigo Canet para que o filme nun momento da vida difícil. E aínda que pareza o contrario, o filme resulta ser un documento cheo de vitalidade e sentido de humor. Do mesmo xeito que un “Augusto”, hai un episodio gracioso que contou o seu director no pasado festival “reinventado” de Ourense.

Resulta que a causa da súa enfermidade invalidante, Carlos só o acudiu á presentación do documental en Vigo, a cidade onde viven os seus pais. Ao rematar a proxección, a xente ía intervindo sobre as facetas máis ou menos coñecidas da infancia de Carlos, antes de irse a vivir a Palma de Mallorca. Entre o medio do público, pediu a palabra a entón alcaldesa da cidade, Corina Porro para relatar que coñecía a Carlos pola súa afición á música, porque o miraba moitas tardes ao través da ventá, como forraba a gaita para así non molestar aos veciños.
Carlos, inmediatamente, recolle o testemuño para dicir que el,… tamén se lembraba de Corina, …cando a vía a través da ventá co …seu camisón azul.

O documental recibiu unha chea de premios e foi adquirida polo Ministerio de saude e educación francés, como ferramenta educativa de gran valor.

Na historia do cine recente, ao citado, hai un par de exemplos máis de cine social ou comprometido coa enfermidade ou a morte digna. “Mar adentro” de Alejandro Amenabar, “As Invasións bárbaras” Denys Arcand (proxectada no festival fai 3 ou 4 anos) e o último en chegar é A escafandra e a volvoreta do que fixemos a seguinte reportaxe crítica.

 

\”A escafandra e a volvoreta\” 

(Para descargar, preme no rato co botón dereito, e elixe gardar destino)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s