En “Antichrist” goberna o caos!
6 Novembro, 2009
Pola pura lóxica, (a de Lars Von Trier), onde non hai realidade, hai conmoción.E claro esta que, Anticristo non decepciona a ninguén.
Os seguidores máis fieis do director danés quedaron satisfeitos co tratamento terapéutico artellado. Para os seus detractores, o filme ten argumentos dabondo para poñelo a parir unha vez máis.
Sen embargo, hai unha parte da súa paranoia, que ninguén poderá olvidar en moito tempo; o seu prólogo.
A peza musical, corresponde a “Rinaldo, lascia ch’io pianga” de Händel, interpretada por Cecilia Bartoli.
Pasada a resaca do San Martiño, non esquezades a cita coa comedia, a morte e a música.
É o cine superior á vida?
21 Outubro, 2009
Hai vidas, que preludian unha auténtica historia, e as historias dun rapaz con pai anónimo e nai fuxida con destino ás estacións fugaces do amor furtivo, do adoleceste FRANÇOIS TRUFFAUT levaron a súa vida adiante, con nervo inicial indisciplinado, e coa liturxia apaixoada da arte literaria e a cinematográfica.
Esquenceu os seus problemas legais ao quente dos primeiros cineclubes, onde coñecidos influíntes como Hitchcock, Renoir, Bazín, e Cocteau alumean as suas esperanzas de ver a vida en pantalla grande.
O seu atrevimento como crítico en Cahiers du Cinéma (publica Una certa tendencia do cine francés), onde critica aos guionistas, productores e directores do rancio celuloide galo. Catro anos depois, despois de duas curtas, en 1958, estrea Os catrocientos golpes, que adica a un Bazin morto desde o día en comezou a rodaxe. Este filme, é demoledor, e en certa media un retrato da sua infancia. O protagonista convírtese no seu actor fetiche durante moitos anos, Jean Pierre Leaud e producen o renacimento do cine francés.
As loubanzas, provocan un estado anímico denominada coma nova ola (Nouvelle vague), e perseguida por Godard (Ao final da escapada) que escribe o propio Truffaut. Resnais fascina co seu Hiroshima mon amour e mentras Doinel representa cos seus amorios a vida case paralela do propio Truffaut. Non perdan a terceira entrega desa saga iniciada cos Catrocentos golpes. O guión final de “Bicos roubados” é digno de lembrar.
Christine: Enfronte …….. hai un tipo moi raro. Non sei …. teño a impresión de que hai días que me sigue.
Antoine: Quen será ese tipo?
Christine: Que sei eu?. Aí ven
Home misterioso: Señorita. Sei que non lle son de todo descoñecido. Fai tempo que a veño observando sen que se deé conta. Pero xa hai uns días que non tento ocultarme. E agora chegou o momento. Verá ……. Antes de coñecela a vostede, nunca amara a ninguén. Odio o provisional. Coñezo ben a vida. Sei que todos traicionan a todos.Mais o noso será diferente. Seremos un exemplo. Non nos separaremos nin unha hora. Eu non traballo, non teño obrigas na vida. Vostede será a miña única preocupación. Comprendo … Comprendo que isto é demasiado súbito para que acepte inmediatamente, e que antes desexa romper os lazos provisionais …. que a atan a persoas provisionais. Eu son o definitivo. Son moi feliz.
Sen embargo hai tamén outros filmes dignos de destacar, desde “Fahrenheit 451″, “Jules e Jim”, “O último metro”, “Disparen ao pianista”,…, incluindo a súa participación como actor en varios filmes, como por exemplo; “Encontros na terceira fase” de Steven Spielberg. Tamén destaca como guionista, e escritor. (escribiu un libro de cine sobre Hitchcock)
Para rematar a primeira escena de “A noite americana”, verdadeiro homenaxe ao cine, que cuestiona sobre o cine e a vida real.
“O cine, a súa historia, o seu pasado e o seu presente, apréndese na cinemateca. Só se aprende alí. É unha aprendizaxe perpetua. Formo parte desas xentes que teñen necesidade de volver a ver sen parar os vellos filmes, os mudos, os primeiros falados. Paso a miña vida na Cinemateca, agás cando estou ocupado no meu propio rodaxe” (FranÇois Truffaut, Os filmes da miña vida-1976)
Máis información de F.Truffaut en castelán aqui
Agardámovos en novembro para seguir apredendo cine con vós, se vos apetece.
50 anos de “Con saias e ao tolo”
19 Abril, 2009
Samuel Wilder e IAL Diamond, asinaron fai 50 anos, unha das máis grandes comedias ácidas da historia do cine; Some like it hot, que en España se traduciu como “Con faldas y a lo loco”, en Brasil “Quanto más quente mehlor”, en Arxentina e México “Una Eva y dos adanes”, ou en catalá “Ningú no és perfecte”. (En galego, a galega a traduciu como o título deste post)
A comedia de Billy Wilder protagonizouna Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O’Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff.
O filme contén “homenaxes” a diversas películas de gánsteres dos anos 1930 e unha serie de “ironías” acerca da vida e cultura estadounidense do 1929: divorcios de famosos, a seguridade da bolsa (ese mismo ano se derruba, que casualidade) e a morte de Valentino.
A película, plantexaba varios problemas de concepción inicial. Wilder estaba preocupado pola súa reputación. Creía que esta, podería verse afectada se a cousa no saía ben, e o público e a industria vían a longametraxe como unha parva farsa. Tendo en conta que, a historia dun par de músicos, ameazados de morte, travestidos para formar parte dunha orquestra femenina, era un risco a ter en conta. Así, o perigo que ninguén tomará ‘en serio’ a cinta era tan evidente, que si Lemmon e Curtis aceptaron, foi realmente porque as súas carreiras pasaban por malos momentos.
Para paliar as posibilidades de mofa (que non risa) decidiu rodar en branco e negro. A cor da maquillaxe, facía máis evidente o travestismo, os rasgos masculinos ou as ridículas perrucas, que destacarían tanto, que sería inconcebible que a actriz protagonista puidera ser enganada.
As inevitables horas de maquillaxe, os continuos cambios de vestíario auguraban unha rodaxe complicada, ata que chegou Marilyn para convertilo todo nun inferno. A rubia platino, sex simbol da década, non estaba seducida cun filme que non utilizaba a cor. Mais as necesidades económicas obrigárona a aceptar. Wilder tirou de inxenio para adornar os motivos da falta de cor; ” Díxenlle que estaba moi fermosa, que o branco e negro é moito máis interesante ca cor”.
Marilyn ademáis, negouse a adelgazar a pesar das insistentes peticións de Wilder, e por iso luce rolliza e, todo hai que dicilo, deslumbrante.
Hai unha escea, no que Sugar (Marilyn) entra na habitación de Geraldine e Josephine (J.Lemmon e T. Curtis), e busca nos caixóns para preguntar; ” onde está o Bourbon?” – son, sí, catro palabras.
Despois de corenta tomas de “onde está el… whisky?” ou “onde está… a botella?”, Wilder escribiu a frase nun dos caixóns que tiña que mirar. Logo o escribiu en todos porque ela non lembraba en cal estaba escrito. Na toma sesenta e tantas Wilder, con gran paciencia di, para tranquilizarla, “non te preocupes, Marilyn, o conqueriremos”, ao que contestou “Preocuparme?, por que?”. Curtis apostou que serían más de setenta tomas. Lemmon, sesenta e pico, e perdeu 15 dólares (a cifra final parece que foi 83).
Nadie é perfecto, non si? (Agás o brilante final)
Por certo, gañou un Oscar polo Mellor vestíario (Orry-Kelly) e foi nominada para o mellor actor (Jack Lemmon), mellor dirección de arte, mellor fotografía, e mellor director e guión.
A fonte deste post é do interesante libro ” Este rodaxe é a guerra” de Juan Tejero
O que pasou no Playdoc 2009
24 Marzo, 2009
Xa supoño estaredes ao tanto do palmarés (Inxusto nalgún caso) da última edición do Play-Doc. Eu destacaría a boa organización, o bo clima que acompañou, xunto coa comida e os amiguetes que nos xuntamos ao longo de 4 días. Desprezo o premio outorgado a Manuel y Elisa, porque -para min- había outro xusto gañador na sección de documentais galegos.
“Cantos Rodados” do ourensán Xoel Méndez, é un moi bo documental sobre un grupo de rock. Pero non é un máis, relata ademáis un emotiva historia sobre a integración das persoas na vida doutras persoas.
Houbo moitas sorpresas agradables, poñovos algúns exemplos:
“Un home na banda” relata a historia de varias persoas, que con diversos artiluxios forman unha banda. Divertido, aínda que ao final raíaba un pouco tanto ruido.
A lista pode continuar con Z-32, os traballos das seccións paralelas (Onde o Iraní protagonista da curta documental premiada (Cyanose) vendeu case todos os seus cadros.
De igual xeito, son destacables, os traballos dun americano (un pai coa sua filla de apenas catro anos) en “Comenzando a filmar”, e dun británico perdido en Oriente en “Xapón unha historia de amor e odio” que amosa unha particular e inédita historia da sociedade xaponesa.
A longa documental gañadora, “Intimidades de Victor Hugo e Shakespeare”, foi un fermoso documental mexicano con sorpresa de guión.
En conclusión, un bo certame, que incluso nos agasallou cunha espléndida actuación de Uxía, e un videoclip “marciano” de Mario Iglesias
Play-Doc 2009
18 Marzo, 2009
Despois de consultar a programación e calendario do V festival internacional de documentais, que principia hoxe mércores en Tui (Pontevedra), só podo facer unha recomendación; Non o perdades!
Recomendo especialmente Z-32, One man in the band, e todos os traballos deBogdan Dziworski (Lodz, Polonia, 1941).
O Play-Doc, celébrase desde o 18 ao 22 de marzo.
Música de transición
16 Marzo, 2009
Hoxe, falaremos dun actor porno; Ron Jeremy (Naceu un 12 de marzo de 1953, polo que fai pouco estivo de cumpreanos) reside actualmente en Long Island, NY (EE.UU) Apodado “The Hedgehog” (O Porcoespín ). Aparte de ostentar o record guinness de participación en filmes para adultos, sorprende polas outras actividades non imaxinables a este “tipo de traballos”.
Aqui o tedes, tocando o piano. Increible non si?. (Ben tamén é incrible que co feo e rechoncho que semella, teña o curiculum tan envexable)
Acordo de patrocinio
24 Febreiro, 2009
A partir de agora, veredes un ou dos anuncios (máximo) nas follas de proxección. A razón fundamental é, como podedes imaxinar, procurar fontes de financiación que vaian minusvalorando os custes fixos.
O primeiro patrocinador é o MAGO TETO, que coincide ademáis coa súa visita ao Auditorio municipal de Ourense, para estrenar o seu novo espectáculo.
O Segundo, é a compañia galega de zancudos ZANCALINO.
Estamos abertos, a calquera formula, que sen desvirtuar os obxectivos do cineclube, permitan facilitar a programación do mesmo.
Con isto nós, conquerimos uns ingresos extras, para pagar o material promocional, e os anunciantes, -dado o valor engadido das follas de proxección-, que permiten un impacto de calidade e continuado. (dado o seu carácter de coleccionismo e de consulta)
Agardamos entendades este cambios, para así, ir pouco a pouco elevando os nosos ingresos, e facer unha programación estable e continuada.
Un último aviso: Non desbotamos a posibilidade de novos e radicais cambios. (Todo depende da resposta da Administración) Xa vos informaremos.
Para que sirve a AAG, o CGAI,o CGAC,…?
11 Febreiro, 2009
Na comunidade autónoma galega, -que non pode negar o seu bilingüismo actual, aínda que algúns o pien torticeiramente na rúa- existen un montón de institucións que semellan pasar desapercibidas.
Polo funcionamento desas institucións, nunca veremos a uns milleiros de persoas reclamar na rúa; -Para que a Axencia do audiovisual galega (AAG), o Centro galego das artes e imaxe (CGAI) ou o Centro galego de arte contemporáneo (CGAC), fagan as súas actividades en Galicia!
Pola contra só o fan na central, ou localidade de referencia, que é a provincia de A Coruña. (Aos lectores desta última, e aos da Xunta, recomendo vivamente que pinchen no enlace anterior de Galicia)
Tampouco seguro, veremos protestar polo incremento de orzamentos para arranxar igrexas, da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia (é igual este goberno co anterior), nin dos acordos de financiación da vicepresidenta do goberno español co estado creado por Mussolini (Vaticano).
Nin que dicir, do baixo volume das novas de radio, prensa e televisión, con respecto ásn inxentes achegas de cartos e débedas perdoadas aos clubes de fútbol, nin dos agasallos que reciben. O Clube Deportivo Ourense (Con vestiarío de cor vermella e azul en homenaxe á visita de José Antonio, lider da falanxe á Ourense en tempos) recibe da Xunta (Gratis o campo do couto e promesa de facer un novo), Concello e Diputación de Ourense (cen millóns anuais de pesetas cadaún). A S.S. e a facenda é, outro cantar, distinto dos autónomos e pequenos empresarios)
Vemos que non hai debate cultural, e polo tanto semella, que debe ser algo intrínseco dos cineclubes; a reclamación perenne e calada, a través da Federación galega de cineclubes, que a programación do CGAI, se espalle polos cineclubes de Galicia. Deberíamos, temén empezar a reclamar sedes de proxección estables, pero co que temos…xa abonda, de problemas.
A actitude da Administración, sigue a centralizar os seus instrumentos, para desprezar á periferia.
Así, sen finaciación de infraestruturas (porque van todas para a maldita cidade contedor da cultura) obsérvase como incluso nestes preludios de campaña, fardan de locais de ensaio (nSAIO! que non existe en Ourense), cineclubes pola rede ( flocos tv) e cine co alcume de dixital ( DVD ) a conta da consellaría. Nin siquera a nivel do estado español, a cousa mellora, porque na nova lei do cine español, feita polo egocéntrico Sr. Molina (Co tempo terá, seguro, algún alcume relacionado coa SGAE) non aparecen para nada aos cineclubes.
Ou sexa, descoñecendo o medio de exhibición,-cheirado de lonxe nalgún triste festival- se aposta pola distribución de contidos en rede (pagando -quen poida, e quen teña sorte de vivir no centro das cidades-) e pola distribución cinematográfica en mans das multinacionais, que xa sabemos… o que apostan polas obras europeas, españolas ou galegas. (senón que llo pregunten a Ignacio Vilar)
Que nos queda aos cineclubes ?

Suxiro algunhas das respostas escoitadas ao rematar as proxeccións, no ambigú da rúa. Pode anotar, a que crea máis convinte;
[ ] Pechamos e obrigamos ao millar de persoas que poidan estar interesadas en Ourense, a conectarse a rede (se teñen sorte e cartos para unha boa conexión)
[ ] Montamos unha manifestación, para ir á capital (Da igual Madrid que Santiago, o caso é viaxar) a berrar
[ ] Exercemos o noso castigo, en prato frio, o vindeiro 1 de marzo.
[ ] Ninguna destas é preferible. Chamareire á consellaría e, vanme oir!
[ ] Xuntarnos á élite, e facer de cada actividade, unha estrea con alfombra vermella, carros de cabalos (que se chamen Audi ou BMW) á porta, mojitos e ticket de entrada a 30,50 ou 90 euros.
[ ] Non teño unha decisión tomada, pero, ai, se Buñuel levantarán a cabeza!
[ ] Outras, (que non maxinamos)
———————
Postdata; O debuxo animado, corresponde a unha lanterna máxica deste mágnifico blog; http://dibujoanimado.blogspot.com/
Slumdog o millonario
25 Novembro, 2008
Aínda que non sei o título con que aparecerá aqui, (Supoño que para a primavera do ano que ven), hoxe quero chamar a atención dun filme que semella moi interesante;
Slumdog millionaire, conta a historia dun rapaz orfo; Jamal, que vive nun dos barrios deprimidos de Mumbai (India). Con apenas 18 anos, esta a piques de experimentar o día máis grande da súa vida. Un día, no que un pais enteiro estará atento, para ver si responde a unha soa pregunta. Un resposta pode facerlle gañar vinte millóns de rupias. “Quen quere ser millonario?”
Talvez, antes de que chegue a estrearse, sorprenda do mesmo xeito que “Juno” o ano pasado, e teñamos que estar desexando vela. De momento, xa ten o premio do público do festival de Toronto, e se visitades o enlace do BFI, (que esta máis abaixo) poderedes ollar un trailer específico para o festival, con imaxes moi semellantes a “Cidade de deus” de Meirelles. Aínda que esta semellanza non debe levar ao engano, porque é unha comedia que deixa un mensaxe optimista. (polo que conta os indios que a viron;”…this movie embodies a universal message: triumph of the human spirit, integrity and karma”)
O director é Danny Boyle, o mesmo que fixo Trainspotting sobre o libro de Irvine Welsh, e pechou a gala de clausura BFI de Londres, con moi boa crítica.
(Por certo, menuda diferencia de web deste festival con este outro). A música do trailer é de -Great Dj- “The Ting Tings” e a súa web; (en inglés)
Crisis! (Filmes para enteder o que pasa)
23 Outubro, 2008
A economía pode chegar a ser un asunto bastante abstracto e ata críptico en ocasións.
Quizáis o cine sexa unha boa forma de entender o que pasou directamente ou indirectamente.
Faremos un repaso sintético, dalgúns dos filmes reais e de ficción que, se poden visionar para tomar unha idea da situación.
A actual crise financeira ten a súa orixe noutra crise semellante, o derrumbe nas bolsas das empresas punto com (outra mostra de que a economía é unha cuestión de fe).
Despois do estallido da burbulla no 2000, a Reserva Federal estadounidense baixou a taxas de interese, o xérmolo de todo o acontecido.
Este documental de Chris Hegedus y Jehane Noujaim, sigue de cerca o nacimento, auxe e caida dunha empresa punto.com, cun insospeitado énfase na humanidade da parella protagonista.
Cinema verité do mellor, un extraordinario documental.
9 de setembro de 2001
Hai varios filmes adicados, – ou que parten- ao ataque das torres de nova Iorque;
The Patch to 9/11: (O pedazo -golpe- do 9/11) Serie de televisión, baseada no informe elaborado polo Congreso sobre os ataques, un pormenorizado reconto da cadea de acontecimientos que, arrancando coa ataque ao World Trade Center en 1993, culminaron no maior ataque terrorista da historia, e que desencadenaron o principio da crise inmobiliaria dos Estados Unidos.(Xérmolo tamén da crise global)
Dirixida por David L. Cunningham, a súa transmisión motivou unha gran polémica nos Estados Unidos, sendo diana dos ataques da dereita e a esquerda norteamericana.
Fahrenheit 9/11: Michael Moore, parte dunha posición absolutamente partidista e subxetiva, traza con grandes toques de humor mordaz, a súa propia interpretación dos acontecimientos do 9/11.
Adam Curtis
Adam Curtis, reputado catedrático de Oxford e documentalista da BBC, dirixiu duas obras a ter en conta:
The Power of the Nightmares, The Rise of the Politics of Fear: (O poder dos pesadelos, o incremento da política do medo) no que conta a orixe e a historia dos grandes fundamentalismos que chocaron o 11 de setembro; o islámico e o neoconservador que domina a administración Bush.
Ao mesmo tempo, desmonta os mecanismos que, baseados no medo, usan os políticos como forma de control social e desvela a verdade tras esa ficción chamada Al-Qada.
The Trap: What happened to our dreams of freedom: (A trampa; que pasou coas nosas arelas de liberdade) Analiza a idea neoliberal de liberdade que impera nos nosos días. Partindo das investigacións de John Nash e as teorías de Von Hayek e Milton Friedman, pilares ideolóxicos das políticas económicas de Bush.
Curtis describe os postulados trala idea darwinista dun mundo no que só sobreviven os máis aptos. Como no mercado de valores.
Mayfair Set (EN): Análise dos grandes xerarcas corporativos e financeiros da élite británica, desde a su irrupción ata o seu desplome. Por certo, o capítulo tres ( Destroy the Technostructure) foi curiosamente censurado por Google video, pois a partir da metade non se pode ver.
- Máis docs…
Enron, the Smartest Guys in the Room: Fala da supervivencia dos máis fortes entendida como filosofía xerencial, co mellor exemplo de escándalo financeiro americano.
Dirixido por Alex Gibney, amosa a vida empresarial que pon en práctica as ideas que Adam Curtis deconstrúe en The Trap. ¿resultado? Un mundo aterrador guiado só por tipos sen humanidade, movidos só por el fin último da obtención de beneficios económicos. Probablemente, trala actual crise, haxa persoaxes como os desta película.
The Corporation: Executivos patolóxicos, como os descritos por Gibney en Enron, probablemente produzan empresas e corporacións igualmente enfermas. Baseado no libro The Corporation: The Pathological Pursuit of Profit and Power de Joel Bakan e dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbott, The Corporation senta o mundo empresarial no diván do psiquiatra con resultados non menos aterradores.
A lista non remata, tan só citar algún máis por enriba; Surplus, Who Killed the Electric Car, de Robert Greenwald: “Irak For Sale” e “Walmart: The High Cost of The Low Price”, e “No End in Sight” e “The Shadow Company”. De Eugene Jarecki en “Wy Why We Fight”, no que desmonta o complexo sistema industrial, “Sicko” de Michael Moore…
- Ficción
Wall Street: de Oliver Stone relata o rápido ascenso dun yuppie con pouca pacencia e menos escrúpulos, encarnado por Charlie Sheen, da man do deus da avaricia, un tiburón de Wall Street,o paradigma do home de negocios desalmado, Gordon Gekko cuxa interpretación mereceu un un Oscar para Michael Douglas.
The Grapes of Wrath: (As uvas da ira) A magnitud da actual crise financeira só é comparable ao Crack bursátil do 29, que precipitou aos Estados Unidos na maior depresión económica de toda a súa historia. Clásico filme do malhumorado John Ford, que adaptou da novela de John Steinbeck.
Vicisitudes dunha familia de campesinos que sufre os efectos da Gran Depresión. (Bruce Springsteen, ten unha canción adicada ao protagonista da novela; Tom Joad)
It’s a wonderful life: (Que bello es vivir!) Considerada como a película de nadal por antonomasia, este clásico de Frank Capra é ao mesmo tempo un cuento moral sobre a avaricia e a ambición no mundo dos negocios bancarios.
Changing Lanes: (Cambio de camiños ou estreado como “Al límite de la verdad”) Entretido filme de Roger Michell,(2002). Debuxa a necesidade dunha ética e responsabilidade nos negocios, e as terribles consecuencias sociais que poden derivarse da intraxisencia á hora de abordar un conflito.
Samuel Jackson e Ben Affleck dan vida a dous homes embarcados nunha absurda espiral de violencia que moi ben podía evitarse actuando cun pouco de sentido común e comunicación.
Working Girl: de Mike Nichols, casi versión femenina de Wall Street.
PI: Claustrofóbica ópera prima de Darren Aronofsky, coas matemáticas e a paranoia como elementos dun thriller ambientado no mercado de valores… Sen mercado de valores…
La Corporación: de Costa-Gavras… terrible historia sobre o prescindibles que son as persoas para as corporaciones, e as extrañas reaccións que isto pode ocasionar nalgunhas persoas.
El Gran Salto: Dos irmáns Cohen. Historia das manipulacións entre directivos que xurden cando o xefe dunha multinacional se tira pola fiestra dun rascaceos. (Precisamente deixovos con esta en homenaxe a Paul Newman)
Chula a voz de Paul Newman, non si?